Besteiro garante que cun goberno socialista en Europa a construción do dique flotante en Ferrol será “unha tarefa prioritaria”

Besteiro garante que cun goberno socialista en Europa a construción do dique flotante en Ferrol será “unha tarefa prioritaria”

Besteiro garante que cun goberno socialista en Europa a construción do dique flotante en Ferrol será “unha tarefa prioritaria”

Os socialistas celebran unha interparlamentaria en Ferrol e deixan claro o seu compromiso de impulsar un programa de dinamización socieoconómica para a cidade

O PSdeG esixe que o Goberno do PP deixe de buscar escusas co dique flotante, porque non é necesaria a consulta a Europa para a súa construción

“Ferrol necesita solucións, os socialistas tiñamos a decisión de facer a inversión do dique flotante, e por suposto é unha medida que mantemos porque é necesaria”, afirma Soraya Rodríguez

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou hoxe en Ferrol que “a construción do dique flotante para os asteleiros da cidade” será unha “tarefa prioritaria” si despois do 25 de maio hai un Goberno socialista en Europa.

Os socialistas celebraron hoxe unha reunión interparlamentaria en Ferrol, na que estiveron a portavoz do PSOE no Congreso dos Deputados, Soraya Rodríguez, o candidato do partido ao Parlamento Europeo, José Blanco, a secretaria xeral dos socialistas da cidade, Beatriz Sestayo, e numerosos deputados e senadores do partido.

“Estamos traballando polo futuro de Ferrol, a situación da cidade nos preocupa e a xestión do PP deixou escapar moitas inversións; teñen que rematar as escusas sobre o dique flotante e os socialistas traballaremos nun programa de dinamización da comarca de Ferrol”, manifestou Besteiro.

A este respecto, os socialistas aclararon que non é necesaria a consulta á Unión Europea toda vez que é unha decisión política de investimento. En todo caso, insistiron en que de persistir o Goberno central nas súas consultas á UE, se hai un Goberno socialista en Europa “deixaremos clara a vía para construír o dique flotante, como tarefa prioritaria, nos estaleiros de Navantia”.

A portavoz socialista no Congreso, Soraya Rodríguez, lembrou aos medios de comunicación na rolda de prensa posterior á interparlamentaria que “o PSOE tiña o compromiso de facer o dique, era unha inversión necesaria e non é imprescindible unha consulta á UE, que non engane máis o PP”.

Os socialistas trataron tamén no encontro a conexión ferroviaria que debe ter o porto exterior de Ferrol e a situación complicada do pequeno comercio. “Consideramos fundamental a posta en marcha dun plan integral para a cidade que non chegará da man do PP”, afirmou Besteiro.

O PSdeG defenderá na campaña para as eleccións europeas a consolidación dun Programa de Actuación Urxente para Ferrol e a súa comarca, dotado con fondos europeos.

Beatriz Sestayo adiantou tamén aos xornalistas que os socialistas traballarán para a construción dun Centro Tecnolóxico do Naval, “que será un gran impulso para Navantia e todas as empresas auxiliares, fortalecendo o I+D”, e para a revitalización doutros sectores como o turismo e a cultura.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar