Besteiro: "Galicia está preparada para o cambio fronte a un presidente que só asina o que Rajoy lle pon diante"

Besteiro: "Galicia está preparada para o cambio fronte a un presidente que só asina o que Rajoy lle pon diante"

Besteiro: "Galicia está preparada para o cambio fronte a un presidente que só asina o que Rajoy lle pon diante"

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, participou esta mañá no Consejo de Política Federal do PSOE en Sevilla, una reunión na que se estableceron as bases para o cambio seguro co protagonismo das comunidades autónomas, nas que os socialistas veñen de recuperar varios gobernos en toda España. “Galicia está preparada tamén para sumarse ao cambio e para reclamar protagonismo e dereitos sociais, fronte a un presidente da Xunta que non reclama nada para o seu país, que só asina o que Rajoy lle pon diante”, afirma Besteiro, por exemplo na recente proposta de obxectivos de déficit de Montoro, que só catro comunidades votaron a favor, entre elas Galicia.

Así, o líder dos socialistas galegos incide especialmente, por una banda, na aposta asinada hoxe polo seu partido para “reclamar de forma urxente un novo sistema de financiamento autonómico que permita exercer o autogoberno e garantir a igualdade de dereitos dos cidadáns”, despois de que o Goberno incumprise a obriga legal de presentar una proposta pasados cinco anos da posta en marcha da lei. “Hai máis dun ano e medio que lle trasladei a Feijóo a necesidade de sumar forzas para un novo sistema de financiamento, pero non quixo saber nada”, lembra Besteiro.

Por outra banda, destaca “a necesidade dun reparto máis xusto e equilibrado dos obxectivos de déficit” entre as administracións. “Hai uns días só catro presidentes das comunidades de toda España cederon ante Montoro e Rajoy en prexuízo dos cidadáns para aprobar uns obxectivos de déficit inxustos, e un deles foi Feijóo”, di Gómez Besteiro, que lembra que “incluso unha do PP, Castela e León, optou pola abstención”.

Ante esta “submisión” aos intereses da dereita que vive Galicia, Besteiro lembra que “o cambio xa comezou” en moitos concellos e comunidades, seguirá co Goberno de España e continuará co goberno galego. “Os socialistas xa gobernamos nunha maior porcentaxe de poboación en Galicia que o PP nos concellos despois das municipais, e lideraremos o cambio no noso país”, di

32641281A

Deixar a resposta

Pechar