Besteiro: "Fronte aos que ven Europa como unha escusa, os socialistas vemos nela futuro"

Besteiro: "Fronte aos que ven Europa como unha escusa, os socialistas vemos nela futuro"

Besteiro: "Fronte aos que ven Europa como unha escusa, os socialistas vemos nela futuro"

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, dixo hoxe que “fronte aos que ven Europa como unha escusa, os socialistas vemos nela futuro”. Así o dixo na clausura da xornada “Unha nova política económica para Europa: da austeridade ao crecemento”, organizada en Santiago de Compostela pola delegación española do Grupo da Alianza Progresista dos Socialistas e Demócratas no Parlamento Europeo.

O líder dos socialistas galegos criticou ás opcións políticas que utilizan a UE como “escusa de actuación” para impoñer a austeridade ou como “escusa para ofrecer a mensaxe política”.

Gómez Besteiro chamou hoxe a encetar un “cambio de rumbo na política económica que abandone o dogma da austeridade”, e sinalou a Feijóo como “adiantado nas políticas austericidas”.

O responsable socialista salientou a necesidade de “apostar polo crecemento e desenvolver unha economía cada vez mais competitiva e eficiente” e ofreceu a visión socialista alternativa aos recortes e dirixida a “frear a ola de desigualdade, así como para contribuír a ese desexable e posible xiro cara o crecemento”.

Gómez Besteiro criticou a falacia da austeridade, que “só trouxo deigualdade, empobrecemento e débeda” e constatou que, lonxe de controlar o endebedamento, esta viuse triplicada dende a chegada de Feijóo á Xunta, pasando de supor o 6,8 por cento do PIB en 2008 ao 17,4 por cento actual. Subliñou que “incluso tomando a débeda como instrumento do Estado para crecer, o paradoxal é que nin se creceu nin se aforrou”.

Os socialistas galegos instaron a reformar o sistema tributario para afrontar unha crise “que foi mais un problema de ingresos que de gasto”. Sinalou que, en lugar de reformar o sistema fiscal para solucionar “unha situación derivada dun fallo grave do sector privado”, a dereita “optou por atacar unica e exclusivamente ao sector público”, ao que sinalou como “falso culpable”.

Chamou a apostar por unha administración pública “forte e eficiente”, que remate coas “lacras” que deterioran o seu funcionamento “tales como o financiamento insuficiente, as duplicidades, o exceso de burocracia ou as tramas de corrupción que lle restan credibilidade”.

Xornada

Gómez Besteiro clausurou, xunto co eurodeputado e ex ministro Ramón Jáuregui, unha xornada que fora inaugurada polo eurodeputado José Blanco e o secretario de Economía do PSdeG-PSOE, Xaime Barreiro.

O certame contou cunha mesa redonda sobre “Unha política económica para o crecemento de Europa”, na que participaron o eurodeputado José Fernández, o economista José Carlos Díez e o ex presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e que foi moderada pola xornalista Aida Pena.

A segunda mesa redonda da xornada, baixo o título “Cara a unha Europa máis competitiva e eficiente”, foi moderada polo economista e director do Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia, Joaquín Fernández Leiceaga, e contou coa participación dos eurodeputados Ramón Jáuregui e Inmaculada Rodríguez – Piñero e o ex presidente da Xunta de Galicia Fernando González Laxe.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar