Besteiro: “Feijóo sabe que o seu tempo se acaba e que todo depende da forza que nós teñamos”

Besteiro: “Feijóo sabe que o seu tempo se acaba e que todo depende da forza que nós teñamos”

Besteiro: “Feijóo sabe que o seu tempo se acaba e que todo depende da forza que nós teñamos”

ccccO secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou hoxe en Santiago que “Núñez Feijóo sabe que o seu tempo se acaba e que todo depende da forza que nós teñamos”.
O líder do PSdeG manifestou no Comité Nacional Galego dos socialistas que “un presidente da Xunta que fai oposición, que fai de analista político e non de xestor público, un presidente que pasa máis tempo fóra de Galicia que dentro, non merece seguir tendo a honra de presidir este país”.
Besteiro comenzou a súa intervención afirmando que “son unha persoa honrada que non ten nada que ocultar, cunha vida normal e un soño extraordinario, que é levar a este partido ao lugar que lle corresponde pola súa defensa firme e continua do benestar dos galegos”.
“Tende por seguro que non penso deixar que este episodio afecte nin á imaxe do partido nin ás posibilidades claras que temos de acadar o Goberno da Xunta, todos debemos antepor os intereses do partido aos desexos persoais e no plano persoal mostrarei, tal e como fixen durante toda a miña vida política, total transparencia e as explicacións que sexan necesarias para aclarar esta situación”, aseverou.
O secretario xeral do PSdeG apuntou que “eu non esquezo o apoio maioritario que me deu a militancia co seu voto para ocupar o lugar que ocupo, por iso non podo máis que correspondervos con responsabilidade, traballo e forza para superar todas as dificultades”.
“Síntome plenamente motivado para liderar e seguir construíndo este proxecto e ademais comprométome a facelo dende o lugar que se me permita que, de momento e agardo que por moito, será dende a primeira liña; estou disposto, por tanto, a seguir liderando este proxecto mentres conte co voso apoio, e mentres este desexo colectivo non choque cos intereses electorais do meu partido”, engadiu.
Con respecto aos resultados electorais do pasado 24 de maio, Besteiro lembrou que “somos a única forza do Parlamento galego que recupera porcentaxe de voto de xeito ininterrompido dende as autonómicas de 2012, a recuperación de poder institucional queda patente no incremento de 58 a 94 alcaldías, moitas delas por maioría absoluta”.

Realidade de Galicia
“Feijóo demostrou nesta campaña que non coñece en absoluto o país que goberna, é difícil atopar na historia de Galicia un goberno tan pouco comprometido cos intereses do noso país e por iso non debemos deixar de lembrar a realidade que Feijóo tratará todos os días que esquezamos, cunha Galicia cada vez máis afastada de España e incapaz de subirse a ningunha onda de recuperación posible, por mínima que esta sexa”, explicou.
En opinión de Besteiro, “non agardan que nada bo lle pase aos galegos, tan só agardan que algo malo lle suceda ao secretario xeral do PSdeG, o PP é un partido desesperado porque a dereita cando perde o poder, perde o que realmente ansía, o que única e exclusivamente lle importa: o poder, non gobernar”.
“A cidadanía dixo non á dereita, dixo non aos seus recortes, dixo non á súa arrogancia, dixo non a Rajoy e a Feijóo, a cidadanía dixo sí ao cambio, e a un cambio impulsado polo PSdeG”, afirmou o líder dos socialistas galegos, que manifestou que “o proxecto que desenvolveremos desde Galicia sustentarase na igualdade, porque non haberá recuperación se non chega de forma igualitaria e equitativa a todos os estratos da sociedade”.
“Da crise sairemos todos xuntos, ou definitivamente non sairemos, é necesario camiñar cara a un modelo produtivo máis xusto, equilibrado e máis sustentable; temos que levar até o último recuncho o noso proxecto socialdemócrata, sen esquecer que os piares que nos identifican como partido son a igualdade, o compromiso co público e a nosa defensa do galeguismo”, dixo.
“Todas as miradas están postas no noso partido e debemos mostrarnos fortes ante os próximos retos que temos por diante, o primeiro deles son unhas eleccións xerais, nas que dende Galicia debemos contribuír á vitoria de Pedro Sánchez, Galicia xógase moito na vindeira lexislatura nas Cortes Xerais”, asegurou Besteiro.
“O éxito de Pedro será positivo para todo o partido, e sobre todo será positivo para Galicia; nun tempo de confrontación e fragmentación, demostramos que somos o partido capaz de aglutinar as distintas sensibilidades políticas, capaces de liderar o cambio cara á esquerda que necesita Galicia, un socialismo renovado, aberto e de prestixio”, rematou.

32641281A

Artigos relacionados

1 Comentarios

  1. R Reimundo,PSOE
    Xullo 21, 2015 a 12:48

    Bos días,o que pronosticas sucederá,mais a Nosa muda ten que ser rapida e non somentes cara fora,temos que ter a Nosa maquinaria en uso e reparala si fai falla.
    Estou na agrupación do Paramo,que non existe
    Casi todos mudaron de partido,Elías Paz militante fai 30 años e cuñado de Garrido tamen se foi.e quedamos o meu amigo Pablo,que e un desastre e foi descubriendo un delirio de perjuicio que procalle llame yo social e Eo un vello médico que servin no páramo fai años hasta irme a Compostela e xubilado Novo paso tempo Na Rebotica da farmacia da miña compañeira.Outro día veu Piñeiro pola casa e dixome que lo amañaba.Esqueceuse .
    A centenares pregúntame no Paramo polo partido e xa non sei que decirlle
    Agradezco he que,cando poidas,digas lle a o secretario de organización o a quen ti vexas que me mande un correo,que no Teño incontinente en ir velo cando a el veñale mellar
    Unha aperta,sorte e a tua disposicion

Deixar a resposta

Pechar