Besteiro: "Feijóo presentouse como un gran xestor sanitario e acabou coa equidade terapéutica en Galicia"

Besteiro: "Feijóo presentouse como un gran xestor sanitario e acabou coa equidade terapéutica en Galicia"

Besteiro: "Feijóo presentouse como un gran xestor sanitario e acabou coa equidade terapéutica en Galicia"

O secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou hoxe no Parlamento que “Núñez Feijóo presentouse hai seis anos como un gran xestor sanitario e rematou coa equidade terapéutica en Galicia, non todos os galegos teñen acceso ao mesmo tratamento”.

O líder do PSdeG inaugurou a xornada “Os recortes na sanidade: repercusións no acceso aos tratamentos oncolóxicos”, organizada polo Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia. “Queremos facer patente o noso firme compromiso coa sanidade pública, de calidade, universal e igualitaria”, afirmou Besteiro.

En opinión do secretario xeral dos socialistas, “os profesionais están a sufrir a incapacidade de ofrecer un servizo de calidade coa metade de recursos e os enfermos ven como os recortes nos servizos, na investigación e no acceso a novos tratamentos, limitan de forma dramática as súas posibilidades de ter unha recuperación óptima e saír cara adiante”.

“Desde o 2009 en Galicia vemos como a austeridade foi utilizada como o novo manto co que a dereita tratou de encubrir as políticas privatizadoras, o plan de Feijoo pasa pola implantación duns servizos públicos que teñan en conta non os dereitos dos usuarios, senón a súa capacidade de compra; temos a obriga de atopar o equilibrio entre o custo dos tratamentos e o dereito das persoas a recibir unha atención sanitaria de calidade”, aseverou.

Besteiro lembrou “a negativa para financiar o tratamento para os afectados de Hepatite C, a retirada de vacinas como a da varicela, o abandono da estratexia para implantar unidades de ictus cada 100.000 habitantes, o retraso sistemático para a implantación do servizo de hemodinámica 24 horas na provincia de Lugo, ou falta de tratamentos avanzados en oncoloxía”.
“A oncoloxía é o caso que hoxe nos ocupa, falamos de enfermos de cancro, dos cancros máis comúns, de mama, de pulmón, de páncreas, dos que todos temos casos que nos tocan de preto; en moitas ocasións, estes tratamentos e novidades terapéuticas aos que os enfermos non teñen acceso son a última saída que lles queda”, dixo.

“Galicia é unha das tres comunidades autónomas con maior grao de privatización, aumentando o gasto sanitario privado e recortando o orzamento público, e tamén é a terceira comunidade autónoma que máis reduciu o gasto en servizos sociais dende o ano 2009, un 18,65%, o que significa una media de 134 millóns de euros menos cada ano para o mantemento do benestar”, engadiu.

Por último, Besteiro rematou afirmando que “os socialistas cremos que investir en sanidade pública é investir na eficiencia dos recursos e das arcas públicas, porque previr enfermidades, minimizar incapacidades, actuar a tempo antes de que o dano sexa maior, ademais de ético, tamén é unha estratexia de aforro”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar