Besteiro: "Feijóo da por liquidada a lexislatura e renuncia a loitar como debe facelo o presidente de Galicia"

Besteiro: "Feijóo da por liquidada a lexislatura e renuncia a loitar como debe facelo o presidente de Galicia"

Besteiro: "Feijóo da por liquidada a lexislatura e renuncia a loitar como debe facelo o presidente de Galicia"

O secretario xeral do PsdeG traslada tras a interparlamentaria a “aposta de país” dos socialistas con catro piares fundamentais: “rexeneración democrática e transparencia, emprego e reindustrialización, servizos públicos e loita contra a desigualdade”.

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, afirmou tras a reunión interparlamentaria do partido que tras o discurso do presidente da Xunta no debate do Estado da Autonomía “este ano atestiguamos que Feijóo xa dá por liquidada a actual lexislatura”. O líder do PPdeG “baixa os brazos, renuncia a combater a desigualdade, a ter novos retos e a loitar como debe facelo o presidente de Galicia”, dixo, igual que o fixera o ano pasado Rajoy renunciando a combater o desemprego. “No ano seis de Feijóo, que non esperen os galegos que a Xunta poida solucionar os seus problemas”, apuntou.

Gómez Besteiro destaca a “aposta de país” dos socialistas con catro piares fundamentais, “a rexeneración democrática e a transparencia, o emprego e a reindustrialización, os servizos públicos e a loita contra a desigualdade”. Ante isto, critica a “xestión ineficaz, fracasada e absolutamente decepcionante” do PP, porque está demostrado que “a austeridade xa non é a solución” coa “perda de recuperación” actual, e que “a desigualdade non é eficiente”, o que “lles vai pasar factura”, avanza.

Na reunión con todos os parlamentarios autonómicos, estatais e europeos, os socialistas traballaron nas emendas que presentarán aos Orzamentos do Estado nos vindeiros días, e tamén nas previsións dos Orzamentos de Galicia, que chegarán en datas próximas. Neste punto, o líder do PSdeG lembrou que “xa está aprobado o novo teito de gasto, que sube un 0,5%”, polo que estas contas “darán o xogo que darán” e “non solucionarán os problemas dos galegos”.

Besteiro anunciou que “Europa cada vez estará máis presente” neste curso político, e “as propostas para Galicia a nivel europeo terán moito protagonismo”. Asismesmo, os socialistas celebrarán reunións interparlamentarias con máis frecuencia, cada mes e medio aproximadamente, e serán itinerantes por toda Galicia para “levar a cada rincón deste país todo aquello que afecte aos cidadáns”.

Transparencia: “Non renunciamos a convencer ao PP”
No referente ás medidas de transparencia e contra a corrupción, o socialista lamentou a posición “de mínimos” do PP e afirmou que o PSdeG é “profundamente ambicioso” neste tema, con propostas moito máis profundas e amplas. “Non renunciamos a convencer ao PP de que deixe de ser preguizoso e teña máis ambición” con estas medidas. “No PSdeG faremos bandeira deste tema”, anunciou.

Ébola

Por outra banda, os socialistas aprobaron na interparlamentaria un comunicado sobre a crise de saúde pública do ébola, na que “a autoridade do Goberno quedou cuestionada”, dixo Gómez Besteiro. O PSdeG xa rexistrou tamén no Parlamento a petición de comparecencia da conselleira de Sanidade e solicita que a Xunta informe sobre as medidas de prevención, a dotación de material e recursos e cal ou cales son os centros de referencia para tratar esta enfermidade en Galicia. Asimesmo, Besteiro lanzoulle a Feijóo a pregunta de “se considera que o seu partido está á altura das circunstancias na xestión desta crise” e “se cre que a ministra Ana Mato, hoxe relegada da Comisión da crise, está á altura”

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar