Besteiro fará mañá a Ruta do Cancro para esixir radioterapia en Lugo: "Hai cousas que non teñen prezo e nas que a política non pode pensar nos custos"

Besteiro fará mañá a Ruta do Cancro para esixir radioterapia en Lugo: "Hai cousas que non teñen prezo e nas que a política non pode pensar nos custos"

Besteiro fará mañá a Ruta do Cancro para esixir radioterapia en Lugo: "Hai cousas que non teñen prezo e nas que a política non pode pensar nos custos"

“Hai que devolver outra vez os sentimentos á política”, di Gómez Besteiro, “se non cremos que todos somos iguais, non merece a pena todo o que fagamos”

O socialista esixe “un compromiso claro” para implantar radioterapia en Lugo. “Non podemos estar xogando con isto como o leva facendo a Xunta desde que Feijóo é presidente”, afirma

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, realizará mañá a ‘Ruta do Cancro’ acompañando a un enfermo desde o municipio lucense de A Fonsagrada ata A Coruña, pasando polo hospital de Lugo, para poder recibir o seu tratamento de radioterapia, nun traxecto de 400 quilómetros e dez horas de duración. O obxectivo é denunciar “a peregrinaxe” que deben sufrir os enfermos de cancro lucenses ao non contar con unidade de radioterapia en toda a provincia. Gómez Besteiro esixe “un compromiso claro” para a implantación deste servizo e que non se poña o custo como excusa. “Hai cousas que non teñen prezo e ás que na política non podemos poñerlles un valor”, afirma.

“Non nos podemos mover só polo que custa. Hai cousas que non teñen prezo, así que non as tratemos como tal. Se non somos capaces de distinguir as cousas e de cubrir esas necesidades, e se non cremos que todos somos iguais, entonces non merecerá a pena nada do que se faga en política”, di o socialista. “Non podemos estar xogando con isto como levan facendo na Xunta desde que Feijóo é presidente”, asegura, despois de que o goberno galego siga sen comprometer este servizo, xunto cos de hemodinámica e medicina nuclear, a pesar de que a federación de Asociacións de Veciños de Lugo presentou no Parlamento unha Iniciativa Lexislativa Popular con 41.000 sinaturas.

“Mañá queremos facer que a xente viva esa realidade. Estamos nun momento no que da política se apartaron os sentimentos, as emocións, o sentir o mal que sufren os veciños. Estamos inmersos nunha batalla de declaracións pero ao final non somos capaces de sentir eses problemas”, di o socialista, que avoga por “devolver outra vez as emocións e os sentimentos á política”. Por iso, Gómez Besteiro pídelle a Feijóo que sexa “sensible a esta situación” porque “é o que os cidadáns queren”.

O socialista lembra que o traxecto son “dez horas que desgraciadamente teñen que facer moitos veciños de Lugo”, xa que “noutras provinciais teñen afortunadamente instalacións para poder atender esta grave enfermidade”, e ante esta realidade pide “que todos os galegos sexamos iguais e non haxa galegos de primeira e de segunda”. “É imposible poñerse no lugar dunha persoa que ten cancro, pero temos que reivindicar que todos os galegos somos iguais, que nesta provincia ten que haber un servizo potente de radioterapia, medicina nuclear e hemodinámica porque non somos distintos aos demáis”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar