Besteiro falou con Pedro Sánchez "máis dos cidadáns que do partido" e trasladoulle os problemas de Galicia

Besteiro falou con Pedro Sánchez "máis dos cidadáns que do partido" e trasladoulle os problemas de Galicia

Besteiro falou con Pedro Sánchez "máis dos cidadáns que do partido" e trasladoulle os problemas de Galicia

“Creo que hoxe somos máis fortes que hai tres días”, destacou o secretario xeral do PSdeG, que lle transmitiu a Sánchez os principais problemas de Galicia para “que ocupen unha parte importante da axenda federal”

Besteiro, acompañado de Sánchez, quixo ir ver a Rubalcaba despois da reunión e deulle as grazas polo seu traballo á fronte do partido

O secretario xeral do PsdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reuniuse esta tarde durante máis dunha hora co secretario xeral electo do PSOE Pedro Sánchez e saíu “moi satisfeito” dun encontro no que ambos falaron “máis da sociedade que do partido e máis dos cidadáns que de cuestións orgánicas”, un síntoma, de que “isto vai ben”, dixo. “Creo que hoxe somos máis fortes que hai tres días, e teño esa convicción en Galicia e e España. Neste momento é no que o partido socialista está máis rearmado para afrontar os grandes problemas que ten a cidadanía, que sofre as políticas durante anos insufribles da dereita en España e en Galicia, que conduciron a máis pobreza e menos crecemento”, afirmou.

Besteiro saíu a facer declaracións aos medios xunto con Pedro Sánchez. co que xa mantivera unha conversa telefónica a primeira hora da mañá do luns, e resaltou temas que compartiron como areforma laboral e a interpretación do Tribunal Constitucional, “que orienta a un panorama preocupante en relación coa clase traballadora”. Asimesmo, o secretario xeral dos socialistas galegos transmitiulle a Sánchez “os principais problemas que teñen os galegos” para que “ocupen unha parte importante da axenda federal do PSOE nos próximos meses”, como “o problema demográfico, a reindustrialización ou os sectores básicos e primarios de Galicia”.

Gómez Besteiro puxo en valor que ambos son “fillos de primarias”, e lembrou que o proceso foi denominado como primarias a la gallega, xa que Galicia o viviu por segunda vez. “Estou moi satisfeito porque percibo que as claves de todo este proceso encaixaron moi ben na sociedade. Algúns están preocupados de que o proceso saira ben, fundamentalmente o PP, que non é quen de respostar con esa proximidade á cidadanía e á súa militancia. Creo que estas son as claves do éxito futuro e sobre todo que este proceso de primarias non é un fin en si mesmo, senón un instrumento para facer unha política nova coa que o PSOE volva dar o exemplo de que está a vangarda do cambio social e que interpreta ben ese cambio”, dixo.

“Confianza nos militantes implica confianza nos cidadáns”, sinalou Besteiro, que destacou o gran respaldo de Galicia a Pedro Sánchez. “O apoio que tivo é un sentir xeral en Galicia e en toda España. Galicia entrou nese sentir maioritario, aplaudindo tamén a posición dos outros candidatos, pero o sentir maioritario de Galicia estaba con Pedro Sánchez”, dixo.

Por outra banda, mostrou o seu apoio ao voto negativo dos eurodiputados españois a Juncker. “O que se fixo foi cumprir co que se tiña prometido e a min paréceme que é unha primeira proba de credibilidade e de coherencia, que é o que os socialistas tamén estaban esperando”, concluíu.

Ao rematar o encontro, Besteiro quixo ir ver xunto con Sánchez ao aínda secretario xeral do partido ata o Congreso, Alfredo Pérez Rubalcaba, a quen lle transmitiu o agradecemento dos socialistas galegos polo seu traballo á fronte do partido.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar