Besteiro: “Estou seguro de que os vigueses votarán o domingo a un alcalde con voz propia, que sume e non agache a cabeza, votarán a Abel Caballero”

Besteiro: “Estou seguro de que os vigueses votarán o domingo a un alcalde con voz propia, que sume e non agache a cabeza, votarán a Abel Caballero”

Besteiro: “Estou seguro de que os vigueses votarán o domingo a un alcalde con voz propia, que sume e non agache a cabeza, votarán a Abel Caballero”

17776784020_1b5b839370_zO secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, mostrouse hoxe en Vigo seguro de que “os vigueses votarán o domingo a un alcalde con voz propia, que sume e non agache a cabeza, votarán a Abel Caballero”.

“A Caballero elixírono os cidadáns, mentres que á candidata do PP elixiuna Feijóo”, asegurou o secretario xeral dos socialistas galegos nun mitin en Vigo xunto ao secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, e o alcalde de Vigo e candidato á reelección.

“O que fixo Feijóo e nomear emisarios e delegados da Xunta para que opten ás alcaldías e digan sempre o que quere o PP de Galicia”, manifestou Besteiro, que garantiu a súa promesa de que manterá a independencia e a autonomía municipal cando sexa presidente da Xunta.

“Temos que facer un agradecemento a Pedro Sánchez, que estivo máis veces por Galicia que outros que din que a esquerda é como Venezuela, cando todos sabemos que a Venezuela da que fala Feijóo é igual ao PP que carreta anciáns e discapacitados para que voten”, apuntou o líder do PSdeG.

“Os socialistas defendemos a Galicia real, na que nós cremos, os socialistas somos a esquerda útil fronte a outras esquerdas que non son capaces de artellar un proxecto”, aseverou.

“Vigo ten un goberno responsable, que fai as cousas ben porque ten un proxecto, ten ilusión e ten solvencia económica, para gobernar para a xente é necesaria a solvencia económica e Vigo é un exemplo”, engadiu Besteiro, que defendeu “a nosa forma de facer política, centrada nos problemas reais dos veciños e veciñas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar