Besteiro: "Estes non son os últimos orzamentos da Lexislatura, son os primeiros da campaña electoral"

Besteiro: "Estes non son os últimos orzamentos da Lexislatura, son os primeiros da campaña electoral"

Besteiro: "Estes non son os últimos orzamentos da Lexislatura, son os primeiros da campaña electoral"

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, sinalou hoxe que os Orzamentos da Xunta para o ano 2016 “non son os últimos da Lexislatura, son os primeiros da campaña electoral”. Criticou así unhas contas electoralistas carentes de credibilidade e sen medidas dirixidas a superar a crise económica e impulsar o emprego.

O líder dos socialistas galegos advertiu que o presidente da Xunta fracasa na elaboración duns Orzamentos que deberan estar dirixidos a “cambiar a vida das persoas e responder ás súas ansias e retos de futuro”. Sinalou que o compromiso de crear 18.000 postos de traballo no próximo ano “non parece unha oferta moi boa” cando apenas supoñen o 10 por cento do emprego que destruíu dende 2009.

Gómez Besteiro puxo o foco sobre as 250.000 persoas que “queren e e non poden traballar en Galicia”, e ás que o goberno galego non ofrece ningunha solución de futuro. Sinalou que a estes desempregados e desempregadas “non lles interesan os anuncios de rebaixas fiscais porque pola súa situación non poden pagar impostos”.

Advertiu ademais que o crecemento estimado polo goberno galego, do 2,5 por cento, continúa sendo inferior ao previsto para o resto do Estado, co que o goberno galego “tan só pode continuar ensanchando a diverxencia con España e Europa”. Os orzamentos deixan a Galicia entre as comunidades autónomas que menos medran e ademais lastrados por un gasto en débeda equivalente a unha terceira Consellería.

En suma, unhas contas que en lugar de romper co ciclo da austeridade e xerar oportunidades de emprego e responder ás necesidades das familias o único que conseguen é realizar unha “emenda á totalidade das políticas de Feijóo”. Unhas contas carentes ademais de credibilidade, xa que o nivel de execución orzamentaria no pasado ano estivo un 5 por cento por debaixo da media das comunidades autónomas.

O responsable socialista criticou que os orzamentos do goberno galego renuncien a aportar medidas dirixidas a axudar aos galegos e galegas, limitándose a ofrecer “unha mala copia do cheque – bebé” que Feijóo lle criticara a Zapatero. Sinalou que “a día de hoxe non sabemos nin quen o vai recibir, si vai durar só ata as eleccións ou si se limita a unha burda oferta electoral”.

Optimismo preelectoral

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, criticou que os orzamentos padecen un “optimismo preelectoral e expansión artificial para acadar un crecemento anémico de Galicia”. Apuntou a unhas previsións de crecemento irreais –o ano pasado equivocáronse en mais da metade- e presumen de expansivos cando medran “900 millóns menos que en 2009”, e mantéñense por debaixo das contas de 2014.

O portavoz socialista criticou que o crecemento económico corresponde a unha “manobra preelectoral” de Montoro, que adía pagos e inxecta transferencias para afrontar as eleccións xerais cunha aparencia de crecemento económico.

Criticou que unha das partidas que mais medran sexan precisamente os gastos inmateriais en publicidade e propaganda –un 11 por cento-, o que da a medida do seu carácter electoral. Mentres, os gastos en investimento van ser inferiores aos de 2012 e apenas a metade dos de 2009, ademais de que o 80 por cento corresponde ao funcionamento operativo dos servizos, limitando o investimento novo a apenas o 20 por cento.

O gasto social suporá o 65 por cento do orzamento global, cinco puntos menos do 70 por cento dos orzamentos de 2009 e, a pesares de que tódalas partidas medran, destinan 1.200 millóns de euros menos que cando chegou Feijóo ao goberno galego.

Méndez Romeu puxo o acento sobre o escaso nivel de execución do goberno galego, que o ano pasado apenas supuxo dous terzos do orzamento para políticas de emprego, e a outubro apenas leva un 25 por cento do total previsto. O Igape mantense nun escaso 9 por cento, cando o ano pasado deixou sen executar o 30 por cento do seu orzamento.

As partidas de gasto aumentan, dixo, por “inercia administrativa” e “en ningún caso polas novas políticas estratéxicas que indiquen as prioridades e permitan cambiar a pauta de crecemento económico”. Nin as políticas activas de emprego nin por exemplo as partidas para inclusión social, dixo, rexistran ningún “avance significativo”.

O parlamentario socialista criticou advertiu que o próximo venres comeza a rolda de comparecencias no Parlamento, da que o PP e o goberno galego excluíron aos responsables dos principais organismos investidores de Galicia, como a Axencia de Infraestruturas, Augas de Galicia ou mesmo o Igape.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar