Besteiro esíxelle a Feijóo “unha solución política para un problema político como é o do sector lácteo, que está nunha situación dramática”

FOTO 1 LÁCTEOO secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, demandoulle hoxe á Xunta presidida por Alberto Núñez Feijóo “unha solución política para un problema político como é o do sector lácteo, que está nunha situación dramática”.

O líder do PSdeG participou en Santiago na manifestación en defensa do sector lácteo, xunto a numerosos alcaldes, deputados e cargos orgánicos dos socialistas galegos. “Estamos aquí para trasladar o noso máximo apoio a unha reivindicación tan nosa”, manifestou.

“Foi Feijóo o que dixo que cando se liberalizasen e desapareceran as cuotas lácteas, Galicia tería una maior capacidade para recoller e prezos competitivos, pero o que pasou foi todo o contrario e non hai capacidade para intervir neses prezos por parte da Xunta”, apuntou Besteiro.

“Somos os maiores produtores de leite de España, pero os produtores venden ao prezo máis barato, é incomprensible, un sector estratéxico necesita un goberno que defenda os intereses dos veciños, dos cidadáns, neste caso dos produtores”, aseverou o secretario xeral do PSdeG.

“A situación é dramática, con serios riscos de deslocalización industrial e problemas na distribución, a solución está en mans da Xunta, que debe facer algo ou polo contrario recoñecer que é incapaz de tomar medidas, o lácteo e o mundo rural son un patrimonio de Galicia”, engadiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar