Besteiro esíxelle a Feijóo “que escoite aos alcaldes” afectados polo novo canon de Sogama e presente un modelo alternativo sostible

Besteiro esíxelle a Feijóo “que escoite aos alcaldes” afectados polo novo canon de Sogama e presente un modelo alternativo sostible

Besteiro esíxelle a Feijóo “que escoite aos alcaldes” afectados polo novo canon de Sogama e presente un modelo alternativo sostible

“A Xunta ten que buscar solucións para os concellos, os alcaldes o único que fan é defender os intereses dos cidadáns”, asegura o secretario xeral do PSdeG e presidente da Deputación de Lugo

O secretario xeral do PSdeG e presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, “que escoite aos alcaldes” afectados polo novo canon de Sogama “e presente un modelo alternativo sostible económica e medioambientalmente”.

Unha representación de alcaldes socialistas concentráronse hoxe diante do Parlamento de Galicia para protestar pola suba do 34% no canon de Sogama, xunto ao secretario xeral do partido e o grupo parlamentario do PSdeG. “É unha decisión incomprensible, un problema que require outro tipo de alternativas e, sobre todo, diálogo e consenso”, afirmou Besteiro.

“A pregunta é se Núñez Feijóo fixo algo para impedir esta suba, derivada do cambio da tarifa eléctrica, e que afecta a un sistema de tratamento de residuos que en Galicia está quebrado”, manifestou o líder dos socialistas, nunha concentración ante a Cámara que tamén contou coa presenza de representantes de BNG e AGE.

“O incremento do canon de Sogama nun 34% non ten precedentes e obriga aos cidadáns a pagar por un sistema que non funciona”, explicou Besteiro, que lamentou que a Xunta “cargue sobre a economía das familias a súa incapacidade para garantir unha nova lexislación eléctrica”.

O secretario xeral dos socialistas galegos reiterou que “alternativas as hai, e pasan en primeiro lugar por unha reunión entre o presidente da Xunta e os alcaldes; Galicia necesita un sistema de tratamento de residuos público e moito máis eficaz, os cidadáns non teñen que pagar os erros de xestión”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar