Besteiro esíxelle a Feijóo que “defenda o sector eólico” e rexeite o recorte do PP ás renovables polo que Galicia perderá 270 millóns ao ano

Besteiro esíxelle a Feijóo que “defenda o sector eólico” e rexeite o recorte do PP ás renovables polo que Galicia perderá 270 millóns ao ano

Besteiro esíxelle a Feijóo que “defenda o sector eólico” e rexeite o recorte do PP ás renovables polo que Galicia perderá 270 millóns ao ano

“Temos un presidente da Xunta que aquí promete moitas cousas, pero despois acata as ordes de Madrid e prexudica a un sector estratéxico para Galicia”, asegura o secretario xeral do PSdeG

Con respecto ao Concello de Santiago, Besteiro manifestou que “é Feijóo o que ten que actuar, non é propio dun presidente da Xunta este mutismo cando tantas leccións de democracia lle gusta dar fóra de Galicia”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, demandou hoxe ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que “defenda os intereses da enerxía eólica e non acate as decisións do Goberno de Mariano Rajoy”, que ameazan a fortaleza dun sector estratéxico para a economía de Galicia. O 70% dos parques galegos quedarán fóra das primas excepcionais.

Besteiro mantivo en Santiago unha xuntanza coa directiva da Asociación Eólica de Galicia, na que manifestou o compromiso dos socialistas co sector. “Eu ofrecinlle a Feijóo un pacto de país para que teñamos unha posición forte e demandamos unha liña específica de axudas, a través do Igape e do Inega, co obxectivo de conter a sangría de empregos e o peche de empresas”, afirmou.

A comunidade perderá 270 millóns de euros anuais co novo modelo retributivo que propón o Ministerio de Industria, unha norma que penaliza aos produtores eólicos, e especialmente aos galegos. “É un claro exemplo de retroactividade e falla de seguridade xurídica, expresamente prohibida na Constitución, castigando a empresas que fixeron grandes inversións en Galicia”, dixo o líder dos socialistas.

Na reunión, tamén estiveron Abel Losada, portavoz socialista de Industria no Parlamento, Valentín Formoso, secretario de Política Municipal, e David Regades, secretario de Política Industrial. O grupo do PSdeG na Cámara galega presentou a semana pasada unha moción co obxectivo de instar á Xunta a pedir ao Goberno de Madrid “a retirada do documento dado a coñecer para a futura orde que fixa a retribución ás enerxías renovables, así como a derrogación da normativa en vigor para o sector eléctrico”.

Oo marxe da citada lexislación, “o parón no sector eólico galego propiciado polo Goberno de Feijóo fixo que Galicia deixara de captar investimento e propiciou ERES nas empresas; o presidente da Xunta prometera 14.000 empregos e 6.000 millóns de euros de inversións que nunca se materializaron, e en cambio nos últimos cinco anos produciuse unha perda de arredor de 2.000 postos de traballo directo nas empresas do sector”.

Concello de Santiago

A preguntas dos medios de comunicación, Besteiro referiuse tamén á situación no Concello de Santiago. “A capital galega non pode estar todas as semanas pendente das crises do Partido Popular, existe un gravísimo problema de gobernabilidade sen precedentes nunha Corporación en Galicia”, afirmou.

En relación a si os sete edís deben dimitir, o secretario xeral do PSdeG reiterou que “ten que ser Núñez Feijóo, presidente do Partido Popular de España en Galicia que nomeou directamente a Currás e Conde Roa, o que debe responder por eles e a vostedes; non é propio dun presidente da Xunta este mutismo cando tantas leccións de democracia lle gusta dar fóra de Galicia”, manifestou.

“Eu, como secretario xeral dos socialistas galegos, pódolle dicir que se fosen membros do Partido Socialista de Galicia, xa estarían apartados coa apertura de xuízo oral, o PSdeG ten un criterio único, serio e coherente”, engadiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar