Besteiro esixe explicacións de “quen vai pagar os 8.000 millóns de euros” públicos dilapidados coa venda de NGB a Venezuela e destaca “a diferenza de trato con Galicia”

Besteiro esixe explicacións de “quen vai pagar os 8.000 millóns de euros” públicos dilapidados coa venda de NGB a Venezuela e destaca “a diferenza de trato con Galicia”

Besteiro esixe explicacións de “quen vai pagar os 8.000 millóns de euros” públicos dilapidados coa venda de NGB a Venezuela e destaca “a diferenza de trato con Galicia”

Os socialistas rexistraron a solicitude de comparecencia urxente do presidente da Xunta e do ministro de Economía para dar “luz e taquígrafos e saber que pasou con eses cartos”

O líder socialista incidiu na “diferenza de trato con con Galicia” nun proceso de venda “precipitado”, que contrasta coa situación de Bankia, a piques de cotizar no Ibex

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe a Feijóo e a Rajoy que expliquen “quen vai pagar os 8.000 millóns de euros” de diñeiro público perdidos na operación de venda de NGB a unha entidade venezolana. En resposta a preguntas dos xornalistas, o líder socialista lembrou que o partido mandou onte ao rexistro as solicitudes de comparecencia urxente do presidente galego e do ministro de Economía.

Gómez Besteiro dixo que os gobernos galego e español deben ofrecer “luz e taquígrafos” sobre o proceso de subasta da entidade galega, na que foron inxectados 9.000 millóns de euros de diñeiro público por parte do FROB para logo ser vendida por apenas 1.000. Lembrou que o propio presidente do goberno empeñou a súa palabra para garantir que “non pagarían os cidadáns” por esta operación.

Ademais, esixiulle a Feijóo “explicar con claridade” un proceso de venda do que hai dous días “non tiña información” e agora resulta que a venda a unha entidade venezolana é “a mellor opción posible”. Dixo que Feijóo “debe aclarar cal é a situación” da entidade logo de que quedara constatado que, en contra do comprometido, “non é posible garantir a galeguidade da entidade”.

O líder dos socialistas galegos ratificou hoxe que o proceso de venda foi “precipitado”, como demostra que hoxe Bankia estea a piques de entrar a cotizar no Ibex, provocando unha “situación de diferenza de trato con Galicia” por parte do PP de Rajoy e Feijóo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar