Besteiro esixe en Ames "unha maior coordinación entre a Xunta e os concellos" para mellorar o Camiño, "que aporta riqueza a moitas comarcas"

Besteiro esixe en Ames "unha maior coordinación entre a Xunta e os concellos" para mellorar o Camiño, "que aporta riqueza a moitas comarcas"

Besteiro esixe en Ames "unha maior coordinación entre a Xunta e os concellos" para mellorar o Camiño, "que aporta riqueza a moitas comarcas"

O secretario xeral do PSdeG fixo un tramo da ruta entre Compostela e Fisterra ao seu paso por Ames: “O Camiño é cultura, economía e medio ambiente, unha rede capilar para Galicia”
“Temos que coidar a rede de camiños, é un patrimonio que está en moitas partes nun preocupante estado de abandono”, sostén o líder dos socialistas galegos
Ames, 7 de abril de 2015. O secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, demandou hoxe en Ames “unha maior coordinación entre a Xunta de Galicia e os concellos implicados” para mellorar o estado do Camiño de Santiago.
“A rede de camiños aporta riqueza a moitas comarcas da comunidade autónoma”, manifestou o líder dos socialistas. Besteiro, xunto aos membros da candidatura socialista ao Concello de Ames liderada por José Miñones, fixo un tramo do Camiño entre Santiago e Fisterra, en concreto entre Trasmonte e Pontemaceira.
“O Camiño é cultura, economía e medio ambiente, unha rede capilar para Galicia”, afirmou, “e a obriga das administracións é coidar a rede de camiños, estamos falando dun patrimonio que está en moitas partes nun preocupante estado de abandono”.
“É necesaria unha boa sinalización e mirar polo contorno natural pensando sempre no Camiño de Santiago como riqueza en moitos aspectos, para os concellos é unha fonte de recursos pola cantidade de xente que ven a Galicia”, aseverou o secretario xeral do PSdeG.
Pola súa parte, Miñones reiterou a necesidade de “pedirlle ás administracións que miren polo Camiño, aquí en Ames demandamos unha senda para alonxar aos peregrinos do tráfico, á marxe dunha mellor sinalización”.
“O estado é lamentable nalgúns tramos, queremos transmitirlle á Xunta e ao Concello de Ames que as necesidades son outras, non o albergue que anunciaron hai pouco”, engadiu o candidato socialista.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar