Besteiro esixe ao PP “que poña fin a unha política enerxética errática” da que derivan “os problemas en Alcoa e tamén os que sofren os fogares”

Besteiro esixe ao PP “que poña fin a unha política enerxética errática” da que derivan “os problemas en Alcoa e tamén os que sofren os fogares”

Besteiro esixe ao PP “que poña fin a unha política enerxética errática” da que derivan “os problemas en Alcoa e tamén os que sofren os fogares”

besteiroO secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, esixiu hoxe ao Partido Popular “que poña fin a unha política enerxética errática” da que derivan “os problemas en empresas como Alcoa e tamén os que sofren os fogares”.
“Os gobernos de Feijóo e Rajoy prometeron una política enerxética que permitise a creación de postos de traballo e unha solución para os custos de industrias e fogares”, afirmou o líder do PSdeG, “pero o que pasou é que a factura subiu un 70% nos últimos anos, así é imposible ser competitivos”.
“Estarei en Avilés e na Coruña porque os socialistas galegos estaremos donde sexa necesario para solidarizarse cos problemas dos traballadores e da xente”, apuntou Besteiro, que asistirá esta tarde e mañá ás manifestacións organizadas polos traballadores de Alcoa en defensa dos seus postos de traballo. As dúas marchas empezarán ás sete da tarde.
“Necesitamos unha enerxía máis barata para as empresas e os fogares”, manifestou o secretario xeral do PSdeG, que espera que Feijóo demostre “que ten algún peso para mediar co Goberno central”, xa que o problema de Alcoa afecta a 800 familias (400 traballadores na Coruña e 400 na fábrica de Avilés). “O ano pasado tivemos o problema en San Cibrao e agora este, o PP ten que poñer fin a esta lotería enerxética”, aseverou.
Os socialistas xa presentaron iniciativas no Parlamento de Galicia, o Congreso e o Senado nas que demandan medidas urxentes ao Partido Popular para evitar o peche das fábricas. Na Cámara galega, o PSdeG centrará a sesión de control do próximo mércores no desleixo e a falla de compromiso do presidente da Xunta co impulso da actividade industrial.
A manifestación desta tarde en Avilés arrincará na praza do Vaticano, fronte ao edificio onde teñen a súa sede os principias sindicatos, para finalizar fronte ao Concello, onde se procederá á lectura dun manifesto. Xunto a Besteiro, estarán numerosos socialistas do Principado de Asturias.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar