Besteiro esixe á Xunta “exercer o autogoberno” e defender “cunha voz crítica en España e en Europa” as rías galegas

Besteiro esixe á Xunta “exercer o autogoberno” e defender “cunha voz crítica en España e en Europa” as rías galegas

Besteiro esixe á Xunta “exercer o autogoberno” e defender “cunha voz crítica en España e en Europa” as rías galegas

rianxoO secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, apostou hoxe en Rianxo “por poñer en valor e coidar de forma especial as rías galegas, as nosas augas interiores son un hábitat único no mundo e a Xunta ten que exercer o autogoberno e defendelas cunha voz crítica en España e en Europa”.
O líder dos socialistas galegos mantivo unha reunión co patrón maior da Confraría de Rianxo, Miguel Ángel Iglesias, na que tamén estiveron o coordinador do PSdeG na comarca, Carlos Gey; o deputado José Ramón Val; Carmen Casalderrey, secretaria de Pesca da Executiva nacional; as presidentas de Aspromeri e do marisqueo a pé, e outros representantes do sector pesqueiro. Besteiro garantizoulles o seu compromiso “con artes de pesca como o xeito e na adopción de medidas para loitar contra a contaminación e o furtivismo”.
“Temos que apostar polo saneamento das rías e aí temos que pedirlle responsabilidade á Xunta, o Goberno galego é o responsable de coidar as nosas augas interiores”, afirmou o secretario xeral do PSdeG, que demandou tamén accións de comercialización no exterior de produtos como o mexillón.
“O mexillón galego é único no mundo, temos que coidalo, diferencialo e facer promoción no exterior, non podemos perder a perspectiva da importancia que ten”, apuntou Besteiro, que lembrou que “moitas embarcacións e, polo tanto, moitas persoas asalariadas viven da pesca e do marisqueo en Galicia, falamos dun sector estratéxico”.
En opinión do máximo representante dos socialistas galegos, “foi unha reunión positiva, como as que tamén mantemos con traballadores de sectores como o lácteo e o forestal, a actividade primaria é fundamental para nós, os socialistas o temos sempre moi presente”.
O secretario xeral dos socialistas galegos estará esta tarde en Vilagarcía de Arousa co comité de empresa de Lantero e visitará o campamento dos traballadores. Posteriormente, participará nunha asamblea aberta aos cidadáns co candidato á alcaldía de Vilagarcía, Alberto Varela.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar