Besteiro esixe a Núñez Feijóo que cumpra os seus compromisos cos concellos e garantice a súa viabilidade na nova Lei de Administración Local

Besteiro esixe a Núñez Feijóo que cumpra os seus compromisos cos concellos e garantice a súa viabilidade na nova Lei de Administración Local

Besteiro esixe a Núñez Feijóo que cumpra os seus compromisos cos concellos e garantice a súa viabilidade na nova Lei de Administración Local

Os socialistas de Betanzos consideran “insuficientes” as partidas destinadas pola Xunta nos Orzamentos 2014 ao municipio, con graves incumprimentos en materia de saneamento e vivenda

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reclamou hoxe en Betanzos ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que “cumpra os seus compromisos” cos concellos galegos e “garanta a súa viabilidade” na futura Lei de Galega de Administración Local, que se baseará na norma estatal feita pública no pasado mes de decembro.

Gómez Besteiro mantivo hoxe pola tarde un encontro cos socialistas da comarca das Mariñas Betanceiras, no que estiveron presentes José Ramón García Vázquez, alcalde de Betanzos; Francisco Caamaño; secretario xeral provincial; Emilio Vázquez Blanco, secretario de organización provincial; Antonio Vázquez; secretario xeral da agrupación municipal de Betanzos, e Diego Fernández López, coordinador comarcal e secretario de organización local.

“Os socialistas temos unha concepción dos municipios que non ten nada que ver coa do Partido Popular, que entende que se trata de institucións que molestan para o su exercicio do poder”, manifestou Besteiro. O secretario xeral do PSdeG critica que a reforma da Administración impulsada polos Gobernos central e galego “pon en marcha un proceso recentralizador sen precedentes que vulnera a autonomía local que nós defendemos”.

O líder dos socialistas galegos lembrou os incumprimentos da Xunta co Concello de Betanzos. Os Orzamentos do 2014 non recollen a demanda de 600.000 euros solicitados para a mellora da estación de tratamento de auga e o sistema de saneamento, aos que sumaban unha partida para evitar as inundacións na zona de A Ribeira.

Outra reivindicación do Concello é a reparación das vivendas adquiridas pola Xunta no casco histórico de Betanzos, un total de dez. O Concello, a petición do IGVS, redactou tres proxectos básicos de rehabilitación de tres vivendas. Nos Orzamentos de 2014 dedican algo menos de 50.000 euros para este cometido e o importe das tres rehabilitacións é duns 600.000 euros. As vivendas as adquiriron gobernando no Concello o Partido Popular e atópanse en ruínas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar