Besteiro esixe a Feijóo “que se poña as pilas para desenvolver a lei de 2011” que contempla a renovación do consello e os órganos de control da CRTVG

Besteiro esixe a Feijóo “que se poña as pilas para desenvolver a lei de 2011” que contempla a renovación do consello e os órganos de control da CRTVG

Besteiro esixe a Feijóo “que se poña as pilas para desenvolver a lei de 2011” que contempla a renovación do consello e os órganos de control da CRTVG

Besteiro xuntanza CRTVGO secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez besteiro, demandoulle hoxe en Santiago ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, “que se poña as pilas para desenvolver a lei de medios públicos do ano 2011”, que segue sen mandato marco e contempla a profesionalización dos seus órganos de control internos, unha reducción do consello de administración e o nomeamento do director xeral por maioría reforzada.

Tras una reunión no Parlamento con representantes dos traballadores da CRTVG, o líder dos socialistas galegos fixo referencia á renovación dos órganos estatutarios pendentes e manifestou que “o PP ten ansia para desenvolver o que lle interesa e non tanto o que non lle interesa”.

“A situación do ente público é preocupante e temos sen desenvolver una lei do ano 2011, cos problemas que isto provoca nun ente no que o PSdeG cre”, afirmou Besteiro, que lembrou “a caída da audiencia” do medio e os problemas que atravesan moitos dos seus traballadores.

Por outra parte e a preguntas dos medios de comunicación, o secretario xeral do PSdeG apuntou que “confío plenamente na miña inocencia e estou seguro de que pronto se poñerá fin a esta situación”.

“Cumpro co código étigo e sinto o respaldo do partido, son o secretario xeral do PSdeG e actúo como tal, a renuncia a ser neste momento senador por designación autonómica foi persoal e penso que axeitada, pero non se me pasou pola cabeza renunciar á secretaría xeral”, aseverou.

“Confío en que a imputación se levante, é a miña convicción e a miña previsión, falo con convencemento, co corazón pero tamén coa razón”, engadiu Besteiro, que rematou apuntando que “son una persoa extraordinariamente responsable e non boto en falta o apoio de ninguén, recibín moitas mostras de apoio nos últimos días”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar