Besteiro esixe a Feijóo e a Rajoy “que cumpran as leis contra a violencia de xénero estatal e galega”, ambas promovidas polos socialistas

Besteiro esixe a Feijóo e a Rajoy “que cumpran as leis contra a violencia de xénero estatal e galega”, ambas promovidas polos socialistas

Besteiro esixe a Feijóo e a Rajoy “que cumpran as leis contra a violencia de xénero estatal e galega”, ambas promovidas polos socialistas

“O PP ten na súa man ferramentas para loitar contra o machismo, pero o que fai é poñer en cuestión os regulamentos actuais e vender plans e reformas baleiros”, asegura o secretario xeral do PSdeG

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, esixiu hoxe en Santiago aos presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e do Goberno, Mariano Rajoy, “que cumpran as leis contra a violencia de xénero estatal e galega”, ambas promovidas polos socialistas.

O líder dos socialistas galegos inaugurou esta tarde a I Xornada de Debate Violencia de Xénero. Dez Anos Despois, organizada polos socialistas e que contou coa intervención, entre outras, de Carmen Montón, secretaria de Igualdade do PSOE; Eva Martínez, secretaria de Igualdade do PSdeG; María Teresa Conde–Pumpido, maxistrada do TSXG; Beatriz Sestayo, portavoz de Xustiza do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, e Fito Ferreiro, coordinador federal do grupo sectorial LGTB do PSOE.

“O Partido Popular xa ten na súa man ferramentas para loitar contra o machismo, pero o que fai é poñer en cuestión os regulamentos actuais e vender plans e reformas baleiros”, asegurou o secretario xeral do PSdeG, que lembrou tamén o compromiso incumprido de completar o mapa dos xulgados de violencia de xénero.

Besteiro afirmou que “no Debate sobre o Estado da Autonomía, trasladámoslle a Feijóo estas dúas peticións, cumprimento das leis e mapa de xulgados, a través dunha proposta de resolución na que tamén se pedía a retirada do recurso no Constitucional contra a Lei do Aborto; a resposta foi votar que non, esta é a triste realidade do Goberno que temos en Galicia”.

O máximo representante dos socialistas galegos agradeceu á Secretaría de Igualdade da Executiva galega, dirixida por Eva Martínez, e aos compañeiros e compañeiras do partido o seu traballo na campaña Non o mereces. Denuncia, “que estamos levando por toda Galicia e que é un exemplo de diálogo e de compromiso coas asociacións, entidades e institucións que loitan cada día contra a lacra e o problema de Estado que supón a violencia machista, con 47 mulleres asasinadas no que vai de ano”.

“Tamén é imprescindible a revisión dos protocolos en todos os ámbitos: forzas de seguridade, sanidade ou educación, nun tema que é transversal e no que a protección dunha muller non pode depender da súa idade, o seu sexo, a súa nacionalidade ou de que o caso de violencia machista se produza ao lado da Audiencia da Coruña ou no pobo máis pequeno de Galicia”, engadiu o secretario xeral do PSdeG.

Por último, Besteiro criticou a “Reforma Local do PP, que debe retirar porque suporá un pau sen precedentes na aplicación da Lei Integral contra a violencia de xénero, xa que se traducirá na usurpación aos Concellos das competencias en igualdade e, polo tanto, desaparecerán puntos de información, pisos de acollida e programas de axuda”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar