Besteiro esixe a Feijóo e a Rajoy compromiso cos estaleiros públicos, como Navantia, ademais de ser testemuña de operacións como a de Pemex e Barreras

Besteiro esixe a Feijóo e a Rajoy compromiso cos estaleiros públicos, como Navantia, ademais de ser testemuña de operacións como a de Pemex e Barreras

Besteiro esixe a Feijóo e a Rajoy compromiso cos estaleiros públicos, como Navantia, ademais de ser testemuña de operacións como a de Pemex e Barreras

O secretario xeral do PSdeG-PSOE salienta que si a operación supón mais carga de traballo é unha boa noticia e advirte da necesidade de supervisar esta compra do 51% do estaleiro vigués pola empresa mexicana
 
Demandou a Feijóo e a Rajoy que ademais de actuar de testemuña de operacións sexan artífices dunha política de futuro para os estaleiros públicos

 
O secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, ven de encadrar a a compra do 51% do estaleiro Barreras pola petroleira mexicana PEMEX dentro do ámbito privado que se trae máis carga de traballo para os estaleiros de Vigo lle parece “unha boa noticia”.
 
O dirixente socialista advertiu que agora o que hai que facer é supervisar que esa toma da maior parte do accionariado de Barreras por parte dunha empresa que non é galega nin española supoña efectivamente esa maior carga de traballo “o PSdeG así o fará”, aseverou.
 
Gómez Besteiro manifestou a súa sorpresa porque mentres a Xunta “actúa como testemuña dunha iniciativa privada, en Ferrol, onde si ten responsabilidade pública, porque Navantia si é unha responsabilidade pública, non saibamos nada do que están a facer a Xunta e o Goberno de España”.
 
Esta operación privada, insistiu o secretario xeral do PSdeG, “non pode tapar a responsabilidade pública de Rajoy e Feijóo sobre o que pasa con Navantia e o compromiso co público” das súas administracións. Besteiro reclamou de ambos mandatarios populares que “ademais de ser notarios ou testemuñas hai que ser artífices dunha política de futuro para os estaleiros públicos, a non ser que esteamos a outra cousa, o PSdeG xa adianto que estamos pola defensa dos estaleiros públicos de Ferrol”.
 
Recriminou aos populares da comarca de Ferrolterra que chegaran tarde ás reivindicacións. Tachou de frivolidade a marcha a Madrid dos alcaldes do PP, “unha estratexia política de última hora que os cidadáns rexeitan”. Neste sentido, Gómez Besteiro reprochou aos populares que se sorprendan de que non hai carga de traballo en Navantia logo de dous anos de Goberno do Estado e cinco anos en Galicia, cando foron eles os que nomearon aos directivos do estaleiro público.   

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar