Besteiro, en nome do PSdeG, transmite as súas condolencias á familia de Adolfo Suárez e destaca o seu labor “no asentamento da democracia en España”

Besteiro, en nome do PSdeG, transmite as súas condolencias á familia de Adolfo Suárez e destaca o seu labor “no asentamento da democracia en España”

Besteiro, en nome do PSdeG, transmite as súas condolencias á familia de Adolfo Suárez e destaca o seu labor “no asentamento da democracia en España”

“Quero facer un recoñecemento sincero para un político que traballou polo consenso e sempre respectou a diversidade territorial nunha etapa complicada”, asegura o secretario xeral dos socialistas galegos

O PSdeG suspende a axenda e os actos previstos para mañá

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, transmitiu hoxe en nome propio e dos socialistas galegos as condolencias á familia de Adolfo Suárez, o primeiro presidente do Goberno da democracia en España.

“Foi unha figura clave na Transición, e desde a súa responsabilidade como presidente do Goberno traballou para o asentamento da democracia, buscando o consenso e sempre con respecto á diversidade territorial”, asegura o líder dos socialistas galegos. O PSdeG decidiu esta tarde suspender a axenda e os actos previstos para mañá.

Para Besteiro, “Adolfo Suárez é un referente para todos os que agora ocupamos un cargo de responsabilidade pública, entendeu que España tiña que cambiar e soubo facer do entendemento entre partes aparentemente irreconciliables o motor dese cambio”.

“Sen a porta que abriu Suárez, os galegos ademais non poderiamos ter reafirmada a nosa singularidade como pobo no Estado das autonomías”, afirma o secretario xeral do PSdeG.

“Eses valores de reciprocidade, diálogo e consenso cos que Suárez soubo dirixir España nuns anos difíciles teñen que estar agora máis presentes que nunca na política española e galega, o seu legado quedará para sempre e ten o recoñecemento do noso partido e do conxunto dos cidadáns”, engade Besteiro.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar