Besteiro, en nome de toda a familia socialista, transmite a súa “inmensa dor e consternación” polo repentino pasamento de Carlos Gey, coordinador do PSdeG en Barbanza

besteiroO secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, transmitiu esta tarde en nome propio e de todos socialistas galegos a súa “inmensa dor e profunda consternación” polo repentino e inesperado pasamento de Carlos Gey, tenente alcalde do Concello de Rianxo e coordinador do partido en Barbanza.

“En nome de toda a familia socialista, enviamos unha aperta aos familiares e achegados, aos compañeiros e compañeiras do partido en Rianxo e ao Concello”, afirmou Besteiro.

“Só podemos trasladar públicamente o noso sentido agradecemento por tantos anos de traballo e dedicación aos seus veciños, e o noso orgullo por poder contar con el ata o final; Carlos Gey foi un exemplo de compromiso e lealtade, sempre levando por bandeira os ideais socialistas”, engadiu.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar