Besteiro: "En materia laboral o PP e Feijóo tamén defraudan"

Besteiro: "En materia laboral o PP e Feijóo tamén defraudan"

Besteiro: "En materia laboral o PP e Feijóo tamén defraudan"

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, dixo que “en materia laboral o PP e Feijóo tamén defraudan”. O líder dos socialistas galegos encabezou a delegación socialista na manifestación convocada en A Coruña con motivo do Día Internacional do Traballo, onde advertiu que as políticas do PP e de Feijóo provocan “mais desigualdade e mais familias pobres”.

Gómez Besteiro apuntou que “nunca ninguén fixo tanto para deixar con menos a tódolos galegos e galegas” como o PP e Feijóo “dende a súa incompetencia”. Lembrou “frases míticas” do presidente galego, como cando protestaba por non ter apenas competencias para loitar contra o desemprego.

Continuou co repaso das afirmacións de Feijóo “declarándose incompetente na loita contra o paro”, emitidas “dende a irresponsabilidade que o levou a afirmar que en 45 días remataría co desemprego, ou mesmo chegando a discutir a calidade obxectiva da Enquisa de Poboación Activa”.

O líder dos socialistas galegos explicou que o PP e Feijóo están a aplicar políticas laborais “mais duras” para provocar deliberadamente “unha sociedade mais desigual e mais inxusta”. As consecuencias de tres anos da reforma laboral do PP demóstrase, dixo, que “esa reforma non serviu para crear emprego, e o que se creou foi precario e de moi pouca calidade”.

Criticou que “a sociedade desigual que está xestionando o PP provocou a presenza dunha nova categoría de traballadores pobres que non son capaces de chegar a fin de mes co seu salario”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar