Besteiro eloxia “a festa democrática dos militantes do PSOE” e invita a outros partidos que piden “rexeneración” a que sexa “real” e implanten o modelo de primarias

“O voto segredo e en urna para elixir ao novo secretario xeral do PSOE é unha gran noticia para a democracia, espero unha participación maioritaria”, asegura o líder dos socialistas galegos

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou hoxe, tras exercer o seu dereito a voto como militante no Hotel Méndez Núñez de Lugo, que “é un gran día, unha festa democrática que para os socialistas galegos xa é algo normal”.

Os militantes do PSOE de toda España elixen hoxe ao seu novo secretario xeral, “con voto segredo e en urna, o cal é unha gran noticia e unha gran experiencia democrática”, afirmou o líder dos socialistas galegos.

Besteiro espera “un voto maioritario” e anima ao resto dos partidos, “especialmente aos que se subiron agora ao carro da rexeneración, a que esta rexeneración sexa real”, implantando un sistema de primarias no que os militantes teñen a palabra.

“Aquí en Galicia é a segunda vez que os socialistas temos a sorte de elixir en votación a un secretario xeral, é unha gran experiencia democrática e unha oportunidade, xa que o secretario xeral comeza a traballar co apoio dos militantes”, engadiu Gómez Besteiro.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar