Besteiro e Pachi propoñen que Manel Vázquez presida o Congreso

Besteiro e Pachi propoñen que Manel Vázquez presida o Congreso

Besteiro e Pachi propoñen que Manel Vázquez presida o Congreso

O alcalde de A Illa, Manel Vázquez Vázquez, será proposto ós delegados para exercer como Presidente da Mesa do Congreso Extraordinario que o PSdeG-PSOE celebrará este domingo, día 29, no Auditorio de Galicia de Santiago.

Esta proposta foi consensuada polo Secretario Xeral, Pachi Vázquez, e por José Ramón Gómez Besteiro, que será refrendado como Secretario Xeral do PSdeG-PSOE no Congreso do domingo, tras ser elixido como precandidato na consulta á militancia realizada o pasado día 7 de setembro.

Ambos dirixentes coincidiron en valorar a súa traxectoria política e o seu compromiso co Partido Socialista. A súa proposta como Presidente do Congreso Extraordinario é tamén un recoñecemento á contribución de Manel Vázquez  ás primarias á Secretaría Xeral do PSdeG-PSOE, presentando a súa candidatura. Tanto Besteiro como Pachi Vázquez salientaron a súa achega ó exemplar desenvolvemento do proceso de consulta.

32641281A

Artigos relacionados

1 Comentarios

  1. Xosé A. Perozo
    Setembro 27, 2013 a 01:48

    Empezamos o Congreso de puta pena: sorteando as acreditacións como se o PSOE fose unha tómbola.
    ¡Unha gran idea para convidar a darse de baixa!

Deixar a resposta

Pechar