Besteiro: “É obsceno que Feijóo diga que a alternativa ao PP na sanidade é o réxime chavista, a resposta dos socialistas será recuperar a equidade terapéutica”

Comité Nacional GalegoO secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou hoxe que a declaración de onte no Parlamento do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cando manifestou que a alternativa ao PP na sanidade é o réxime chavista, “é simplemente unha comparación obscena e falsa, eu non podo entrar a discutir en termos de racionalidade humana unha afirmación así”.

“Unha falsidade, por suposto que hai unha alternativa ao modelo privatizador do PP, tal e como pasa noutras comunidades autónomas e noutros países”, afirmou o líder dos socialistas galegos. “A evolución sanitaria en Galicia a coñecemos todos, temos máis listas de espera, colapso nas urxencias e unha quebra da equidade terapéutica”, apunta.

“Todos os galegos deben ter a mesma resposta sanitaria, os cidadáns, independentemente de donde vivan, teñen que ter acceso á sanidade en igualdade de condicións”, asegura Besteiro, que lamenta que a día de hoxe a realidade sexa outra.

“A resposta e a alternativa dos socialistas é clara, o facemos sempre que gobernamos, a sanidade está en risco e detrás dos problemas nos servizos públicos veñen outros problemas de previsión social, como vemos que está pasando nas pensións”, sostén.

“O peto público das pensións tiña 60.000 millóns e agora pouco máis de 40.000 millóns, están reducindo de forma moi perigosa o colchón que da seguridade ao sistema e alguén do Goberno debería dar unha explicación á cidadanía”, engade o secretario xeral do PSdeG.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar