Besteiro e Iceta defenden a reforma constitucional no primeiro encontro entre os líderes de comunidades históricas

Besteiro e Iceta defenden a reforma constitucional no primeiro encontro entre os líderes de comunidades históricas

Besteiro e Iceta defenden a reforma constitucional no primeiro encontro entre os líderes de comunidades históricas

No primeiro encontro entre os líderes do PSdeG e do PSC desde que tomaron posesión do seu cargo, Besteiro incidiu na súa “aposta polo valor do galeguismo e de Galicia como comunidade histórica”

A xuntanza do secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, co seu homólogo en Cataluña, Miquel Iceta, iniciou a ronda de contactos entre os novos líderes do PSOE nas comunidades históricas. O encontro tivo lugar esta mañá na sede do Partido Socialista de Cataluña, nunha xornada marcada polas novas da crise política catalana.

Os dous líderes socialistas defenderon o dereito do pobo catalán a elixir pero dentro da leximidade democrática e con plenas garantías constitucionais. Por iso, coinciden en propoñer una reforma constitucional como solución á crise política de Cataluña. Gómez Besteiro quixo expresar o seu apoio aos socialistas de Cataluña, así como ao pobo catalán “que afronta a maior crise institucional nos case 40 anos que levamos de democracia, una crise xerada pola incapacidade e incompetencia dos partidos da dereita”. Miquel Iceta destacou que “a solución virá da man do diálogo, a negociación e o pacto”. Na xuntanza, o secretario xeral do PsdeG trasladou a súa “aposta polo valor do galeguismo e de Galicia como comunidade histórica”, unha idea que o socialista quere “defender e sacar adiante” para construír España “desde o respecto a a importancia que ten ser unha comunidade histórica”.

Os secretarios xerais do PSdeG e do PSC destacaron que Galicia e Cataluña teñen que afrontar desafíos comúns e apelar á unión para cumprir eses retos, como son crear emprego, acabar coa desigualdade e fomentar a cohesión social. Por iso, e dentro do marco federal que caracteriza aos socialistas, os líderes de Galicia e Cataluña comprometéronse a continuar avanzando na senda iniciada hoxe. Gómez Besteiro manterá ao longo da xornada de hoxe diferentes encontros coa comunidade galega que reside en Cataluña.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar