Besteiro e Adriana Lastra defenden o acordo de goberno "progresista e reformista" impulsado polo PSOE "coa prioridade na axenda social"

Besteiro e Adriana Lastra defenden o acordo de goberno "progresista e reformista" impulsado polo PSOE "coa prioridade na axenda social"

Besteiro e Adriana Lastra defenden o acordo de goberno “progresista e reformista” impulsado polo PSOE “coa prioridade na axenda social”

O secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, e a secretaria federal de Política Municipal do PSOE, Adriana Lastra, defenderon esta tarde na Coruña o acordo de goberno “progresista e reformista” con Ciudadanos, “coa prioridade da axenda social”.

Besteiro e Lastra participaron nunha reunión con militantes para explicarlles o acordo e o proceso de consulta ás bases. Nunha rolda de prensa anterior, o líder do PSdeG apoiou “a folla de ruta seguida por Pedro Sánchez desde o 20 de decembro, co obxectivo de dar carpetazo a catro anos de goberno do PP cunha axenda de reformas”.

“O acordo con Ciudadanos recolle as propostas que o PSOE presentou o pasado 8 de febreiro, as prioridades serán a loita contra o desemprego, rematar coa desigualdade e a rexeneración das institucións”, manifestou o secretario xeral dos socialistas galegos.

Besteiro defendeu “a reforma constitucional, non o referendo que apoian outros partidos, é o momento de unir á maioría cunha axenda social, non territorial ou de reparto de postos”. “A reindustrialización, o compromiso coas infraestruturas e a loita contra a crise demográfica son obxectivos de Galicia que forman parte do acordo”, engadiu.

Pola sua parte, Adriana Lastra cualificou de “progresista o acordo, busca a redistribución da riqueza, unha nova lei para o mercado laboral e a igualdade real entre homes e mulleres; temos un documento con propostas que benefician ao conxunto dos cidadáns”.

“Houbo cesións por parte das dúas formacións, é un documento co que nos une e temos a man tendida a Podemos e outras forzas, a negociación segue aberta”, rematou.

“A reindustrialización, as infraestruturas e o reto demográfico son prioridades para Galicia que están no documento”, asegura o secretario xeral dos socialistas galegos

“Recuperaremos os dereitos perdidos co PP e temos a man tendida a Podemos e a outras forzas”, sostén a secretaria federal de Política Municipal do PSOE

psdeg

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar