Besteiro: “É a propia Constitución a que recoñece a singularidade das comunidades históricas de Galicia, Cataluña e País Vasco”

Besteiro: “É a propia Constitución a que recoñece a singularidade das comunidades históricas de Galicia, Cataluña e País Vasco”

Besteiro: “É a propia Constitución a que recoñece a singularidade das comunidades históricas de Galicia, Cataluña e País Vasco”

BesteiroO secretario xeral do socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou hoxe en Madrid que “é a propia Constitución a que recoñece a singularidade das comunidades históricas de Galicia, Cataluña e País Vasco”. En declaracións aos medios de comunicación na Xornada Municipalista do PSOE en Madrid, Besteiro manifestou que “o que necesitan os cidadáns de Cataluña é unha solución aos problemas reais, emprego para as 750.000 persoas que están no paro e melloras nos servizos sociais”. “Temos que traballar todos xuntos pola concordia e a unidade, as intencións secesionistas non

aportan nada e despistan, o obxectivo é facer fronte en toda España ás políticas da dereita e recuperar a igualdade social”, apuntou o líder dos socialistas galegos. Por outra parte, o secretario xeral do PSdeG lembrou que “hai 100 días desde que se formaron os novos gobernos municipais, os socialistas demostramos onde gobernamos que hai outra forma de gobernar, un modelo distinto ao do Partido Popular”. “Os concellos socialistas acudiron á salvación dos cidadáns, fronte a unha inoperancia por parte da Xunta, que nin está nin se lle espera”, dixo. “Despois de sete anos con Feijóo, medra a diverxencia entre Galicia e España, os traballadores galegos cobran unha media de 300 euros menos segundo os datos do INE coñecidos onte”, engadiu. En opinión de Besteiro, “Abel Caballero será desde mañá o novo presidente da FEMP e representa o noso modelo municipalista, os concellos teñen que resolver os problemas dos cidadáns e ter suficiencia económica para axudar aos máis desfavorecidos”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar