Besteiro dílles aos alcaldes das mareas que “se apunten ao cambio e as reformas” como a alcaldesa de Madrid, Manuela Carmena

Besteiro dílles aos alcaldes das mareas que “se apunten ao cambio e as reformas” como a alcaldesa de Madrid, Manuela Carmena

Besteiro dílles aos alcaldes das mareas que “se apunten ao cambio e as reformas” como a alcaldesa de Madrid, Manuela Carmena

Portosín 2O secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, pediulles hoxe aos alcaldes das Mareas que “se apunten ao cambio e as reformas” como a alcaldesa de Madrid, Manuela Carmena.

“O PSdeG o fixo nas cidades despois das últimas eleccións municipais porque entendeu que era o momento do cambio e dixo si a ese cambio”, asegurou o líder dos socialistas galegos, que visitou en Portosín un barco de mariñeiros do cerco xunto cos voceiros de pesca no Senado, Modesto Pose, e no Parlamento galego, José Ramón Val, e representantes do partido na comarca. “Onte falabamos da necesaria rexeneración das rías e hoxe dun reparto xusto para o sector do cerco”, afirmou Besteiro.

“Non hai que esperar para mudar de políticas, outros partidos con representación en Madrid como En Marea saben que a pesca é una prioridade para os socialistas galegos e de toda España, como tamén a reindustrialización, un pacto para o lácteo, as pensións e a enerxía”, apuntou.

“Son necesarios uns novos criterios de reparto para a xarda ou o xurelo, é un compromiso dos socialistas e agora tócalle a outros partidos abandonar a demagoxia, as fotos e o tacticismo para iniciar o camiño do cambio e as reformas”, dixo.

Besteiro insistiu en que “hoxe mesmo Manuela Carmena pediu un cambio, non é tarde e todos podemos participar para que este país comece unha nova etapa”, ademais de pedir a En Marea que “aclare se a súa prioridade é a axenda social ou a axenda da autodeterminación”.

O secretario xeral dos socialistas considerou pouco apropiadas “as referencias ao pasado de Mariano Rajoy e Pablo Iglesias onte na sesión de investidura” e engadiu que “de nada serven agora as escusas, os cidadáns piden un cambio xa, non queren esperar máis”.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar