Besteiro destaca que "o PSOE volve estar á vangarda do avance da política en España"

Besteiro destaca que "o PSOE volve estar á vangarda do avance da política en España"

Besteiro destaca que "o PSOE volve estar á vangarda do avance da política en España"

O secretario xeral do PSdeG subliña que as decisións tomadas “marcan un antes e un despois e un novo compromiso social en Galicia e en España” e destaca “a igualdade” como “un aspecto fundamental que inundou a Conferencia”

O socialista afirma que “o proceso de primarias é irreversible” porque “é unha aposta pola renovación e a rexeneración” e “a confianza nos militantes e na sociedade” que “é o gran éxito do partido socialista”

Besteiro e Patxi LópezO secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, fixo esta mañá en Madrid unha primeira valoración da Conferencia Política, á que o PSdeG acudiu a “traballar sobre as ideas” cun “balance moi positivo” e “conclusións moi importantes”. O líder dos socialistas galegos afirmou que “o PSOE volve estar outra vez á vangarda do avance da política en España, e é un día moi grande”. O socialista remarcou o novo proxecto de futuro do partido para “a maioría social” e destacou “a igualdade” como “un aspecto fundamental que inundou a Conferencia”.

“Hai cada vez maior desigualdade na sociedade, estámola palpando, o 90% da xente cada vez percibe máis esa desigualdade intensa, e esta conferencia foi a aposta pola igualdade. Con desigualdade non é posible crecer máis e mellor e xerar emprego, nin se vai ser eficaz económicamente se non se loita contra ela”, afirmou. Antes da presentación e a análise das conclusións, Gómez Besteiro salientou temas como o modelo de Europa, no que “os socialistas defenden a posición compartida pola maioría social deste país, sendo non euroescépticos pero si eurocríticos”, cara a procesos “de reforma estrutural, financeira, e un pacto social da Europa na que todos creíamos hai máis de 20 anos pero que agora ten unha serie de disfuncións que os socialistas non compartimos”.

Entre outras cuestións, o secretario xeral do PSdeG subliñou ademais o “compromiso de volver recuperar 5% do PIB para a materia da educación” ou a proposta de reforma fiscal. “Perseguir a xustiza fiscal nas diferentes institucións nas que estamos traballando é un compromiso claro coa maioría social de España e de Galicia”, asegurou.

Primarias abertas
En canto ao modelo de partido, Besteiro reseñou que coas decisións tomadas na Conferencia “non hai volta atrás cara o proceso de primarias abertas, onde van participar non só militantes, senón tamén simpatizantes e cidadáns”, con medidas como “baixar os límites de avais para que haxa máis candidatos” e que “a mocidade vai poder participar dunha forma diecta na elección dos candidatos socialistas”, no que considera “unha decisión histórica” da que “deberían tomar exemplo” outros partidos. “Quedou decidido que nos próximos dous meses o Comité Federal levará a cabo a apertura dese proceso electoral para a presidencia do goberno e o seu regulamento, por tanto xa non hai incertidume e haberá unas normas claras que permitan unha ampla participación”, afirmou.

As decisións tomadas nesta fin de semana “marcan un antes e un despois e un novo compromiso social en Galicia e en España”, asegura Besteiro, que tamén respostou ás preguntas dos medios sobre o compromiso claro explicitado esta mañá nas conclusións das conferencias de ir cara un modelo de primarias tamén para a elección do secretario xeral. “Durante esta fin de semana falouse moito do proceso de Galicia e do proceso de primarias, e como saben loxicamente no próximo Congreso será un camiño de non retorno”, dixo Gómez Besteiro, que lembrou a este respecto que “todas as federacións teñen feita xa a renovación das súas executivas, por tanto o caso de Galicia era excepcional porque saíamos dun congreso extraordinario, pero o resto de federacións non se renovarán ata despois do Congreso Federal”.

Gómez Besteiro destacou que “o proceso de primarias é irreversible, porque é unha aposta pola renovación, a rexeneración e por non desconfiar no militante, e esa confianza nos militantes e na sociedade é o gran éxito do partido socialista”, que sempre debe “racionalizar” enmarcar estas decisións dentro dun proxecto no que se fala “de pensións, de protección social, de igualdade, de como saír da crise e de como se fan aportacións útiles á cidadanía” ante problemas “como os desahucios, a crise, o paro” ou datos dramáticos que exemplificou con que “por exemplo en Galicia cada vez hai máis fogares nos que ningún dos seus membros ten ingresos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar