Besteiro destaca o paso “vangardista e esperado” do PSOE para elixir o candidato ao goberno por primarias “coa cidadanía”

Besteiro destaca o paso “vangardista e esperado” do PSOE para elixir o candidato ao goberno por primarias “coa cidadanía”

Besteiro destaca o paso “vangardista e esperado” do PSOE para elixir o candidato ao goberno por primarias “coa cidadanía”

“O liderado que saia desas primarias ten que ser un liderado que afronte a maioría social, que crea realmente que desta crise imos saír todos xuntos e unha alternativa clara e contundente ao PP”, afirma o líder do PSdeG

Besteiro apunta que o calendario de primarias responderá a “un proceso natural, lóxico e con sentido común” despois das europeas, nas que os socialistas deben ser “os grandes construtores de Europa e dun modelo solidario, como o foron no pasado”

O socialista destaca que o PSOE ofrece “a mellor das alternativas” para o modelo territorial, cunha reforma constitucional “consensuada e onde todos decidimos e todos temos que opinar”, porque “non é un conflito entre Cataluña e Madrid”

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, definiu esta mañá na entrada ao Comité Federal en Madrid o proceso de primarias que abre o PSOE como “unha mensaxe clara de que non lle temos medo á cidadanía e un paso absolutamente vangardista, sen precedentes en España nin nos outros partidos”, aos que convidou a que “proben este proceso e non lle teñan medo ao que a xente teña que dicir”. Gómez Besteiro afirmou que a decisión tomada polo PSOE de elixir o candidato ao Goberno por primarias “compartíndoo coa sociedade”, tanto por militantes como por todo o que queira participar, é “o esperado por toda a cidadanía”, que é quen despois elixe cos seus votos o presidente do Goberno.

“É un día para min grande, e temos que compartir durante todo o 2014 con todos os cidadáns o que ofrece o PSOE, unha alternativa e unha forma distinta de gobernar, pensando na maioría social, que o está a pasar francamente mal”, afirmou o socialista. “Estamos vivindo unha crise económica moi fonda e unha crise social da que temos que saír todos xuntos. Esa é a mensaxe do PSOE”, engadiu.

En canto ao liderado polo que aposta o PSdeG, Besteiro afirmou que o partido en Galicia “ten que apostar por un liderado que afronte a maioría social e os intereses que compartimos a gran maioría” dos cidadáns. “O liderado que saia desas primarias ten que ser un liderado que crea realmente que desta situación de crise económica imos saír todos xuntos, unha alternativa clara e contundente ao PP”, dixo.

Así, o socialista referiuse a conflitos como o do modelo territorial e a crise en Cataluña. “O PSOE si ofrece unha alternativa, ofrece a alternativa da reforma constitucional, a mellor das alternativas, que nos permita opinar a todos, aos cidadáns da Rioxa, de Galicia, de Cataluña ou de Madrid. Isto non é un conflito entre Cataluña e Madrid, é unha cuestión que temos que solucionar entre todos e na que todos temos que opinar. Por iso o partido socialista ofrece a vía da reforma constitucional consensuada e onde todos decidimos. E iso é moi importante fronte a un goberno que non ofrece ninguna alternativa”, asegurou. “Na liña do compromiso coa maioría social” é como hai que afrontar un ano “no que o PSOE vaille dicir á cidadanía que está aí, volve o partido socialista pero ademais volve para transformar a sociedade”, dixo.

No referente ao calendario de cara ás primarias, Gómez Besteiro indicou que responderá a “un proceso natural e lóxico” nos vindeiros meses. “Imos afrontar un proceso de europeas en maio, posteriormente producirase a selección de candidatos para os municipios e as autonómicas e finalmente neste ano tamén elixiremos o candidato á presidencia do Goberno. É un ritmo natural e con sentido común”, afirmou.

“Afrontamos un proceso de europeas agora no que temos que dicirlle á cidadanía que modelo de Europa queremos. Se queremos aquela Europa solidaria do ano 85 cando entrou España ou se queremos este modelo máis insolidario e menos europeo do que foi nas súas orixes”, apuntou Gómez Besteiro. O líder do PSdeG aposta por un proceso electoral no que “os socialistas volven ser os grandes construtores de Europa como o foron no pasado, e agora é máis necesario que nunca, por tanto esa alternativa é necesaria”

[soundcloud url="https://api.soundcloud.com/tracks/130118350" params="color=e5271d&auto_play=false&show_artwork=true" width="100%" height="166" iframe="true" /]

[soundcloud url="https://api.soundcloud.com/tracks/130119419" params="color=e5271d&auto_play=false&show_artwork=true" width="100%" height="166" iframe="true" /]

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar