Besteiro destaca o “compromiso político” do PSOE “cara a novos tempos de desenvolvemento social”

Besteiro destaca o “compromiso político” do PSOE “cara a novos tempos de desenvolvemento social”

Besteiro destaca o “compromiso político” do PSOE “cara a novos tempos de desenvolvemento social”

O secretario xeral do PSdeG apunta a “superar a etapa da dereita deste país, que actúa baixo a máxima de que á maioría se lle aplican recortes e á minoría se lle aplican amnistías fiscais”

“A coalición dos socialistas é cos cidadáns, non con ningunha formación política; ás novas formacións dígolles benvidos á política, pero non só para identificar problemas, senón para dar solucións”

“Ningún partido pode falar de que ten confianza nos cidadáns cando non demostra nin sequera confianza nos do seu partido”, afirma tras a aprobación do calendario de primarias

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, afirmou tras a intervención de Pedro Sánchez no Comité Federal que o PSOE “abre a porta á esperanza en España e en Galicia”, e apuntou que o discurso de Sánchez é “a confirmación dun novo impulso cara o futuro, sen complexos e coa axenda dos cidadáns por riba da axenda do partido”. O socialista destaca o “compromiso político de moitísimo calado” do PSOE “cara a novos tempos de desenvolvemento social, e de superar a etapa da dereita deste país, que actúa baixo a máxima de que á maioría se lle aplican recortes e á minoría se lle aplican amnistías fiscais”.

Besteiro falou tamén da aprobación do calendario de primarias, un proceso que non realiza “ningún outro partido”, e ve como “base fundamental” o feito de “confiar nos militantes para recuperar a confianza dos cidadáns”, porque “ningún partido pode falar de que ten confianza nos cidadáns cando non demostra nin sequera confianza nos cidadáns do seu partido”, dixo.

Entre os compromisos postos enriba da mesa, destaca a necesidade dunha nova reforma fiscal “que sexa máis xusta e máis igualitaria” e “a aposta clara e decidida pola educación pública e o sistema público de benestar. Unha sanidade pública sen repagos e unha educación pública que chegue a toda a maioría social deste país”. Gómez Besteiro ve unha “oferta xenerosa, ampla e aberta ao que debe ser un pacto de concertación social de todo o país, con todas as forzas políticas e que se ten que trasladar a través da reforma constitucional, que é a que garante a cohesión territorial e que todos os cidadáns, con independencia de onde vivan, na Rioxa, en Galicia, en Mataró ou en Sevilla, poidan decidir sobre o futuro deste país”.

Sobre o resto de forzas, lembrou que “a coalición do PSOE é cos cidadáns, e non con ningunha formación” política. “A esas novas formacións políticas dígolles benvidos á política real, porque agora como políticos que son tócalles solucionar os problemas da xente e apegarse á política, e aí é onde mediremos forzas. Non só hai que identificar problemas, senón buscar solucións”.

Besteiro afirma que “o adversario é sen dúbida o partido que representa a parte daniña que sofren os cidadáns, e neste momento é o PP, con decisións e políticas que prexudican á maioría dos cidadáns”.

Sobre a confirmación de Sánchez de presentarse ás primarias para ser candidato á presidencia do Goberno, o socialista destacou que “o secretario xeral podía ter convocado xa as primarias agora, e cunha responsabilidade extraordinaria está dicindo que hai tempo e hai tempos. As eleccións xerais previsiblemente serán antes que as autonómicas en Galicia e o que quere facer é adecuar os tempos aos momentos que nos toca vivir. Son dúas características que reflicten a calidade política: que non ten ansiedade, e iso é moi importante en política, e que non ten complexos, e iso fai que se converta nunha alternativa clara e real”.

“A fortaleza trasládase desde unha crenza e convicción interior e persoal. Eu vexo un secretario xeral cargado de forza, sen ansiedade e por tanto cargado de sentido común e responsabilidade, e sen complexos. É un cóctel verdadeiramente explosivo e moi positivo para o PSOE e para a sociedade. Non vexo un secretario xeral ansioso por sen nomeado candidato, senón moi rápido e conectado coa realidade da cidadanía, e iso me da unha tranquilidade enorme”, afirmou.

Na mesma liña referiuse a unhas futuras primarias autonómicas. “Queda moito tempo e este proceso hai que vivilo sen ansiedade. O secretario xeral do PSdeG non vive con ansiedade. Un, se cre na vontade dos militantes, está sometido a esa vontade. O traballo que se fai agora é construtivo e poñendo alternativas”. Así, animou a “gozar do proceso” actual no que Galicia “ten experiencia” e no que “os militantes teñen o dereito a decidir e o deber de responsabilizarse das súas decisións, afirmou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar