Besteiro denuncia que “os alcaldes do Partido Popular actúan como delegados do que lle interesa á Xunta e non aos veciños”

Besteiro denuncia que “os alcaldes do Partido Popular actúan como delegados do que lle interesa á Xunta e non aos veciños”

Besteiro denuncia que “os alcaldes do Partido Popular actúan como delegados do que lle interesa á Xunta e non aos veciños”

17331478208_2eeb93a8aa_zO secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, lamentou hoxe en Melide que “os alcaldes do Partido Popular actúan como delegados do que lle interesa á Xunta de Galicia e non aos veciños”.

O líder dos socialistas galegos fixo un tramo do Camiño de Santiago xunto aos candidatos do PSdeG na comarca do interior coruñés e criticou que “o PP non cre na Galicia rural, os concellos necesitan servizos públicos para que a súa poboación non fuxa”.

“Os socialistas temos moi claro o que representa o rural e o interior, o 93% dos concellos de Galicia teñen menos 20.000 habitantes e neles vive o 48% da poboación da comunidade autónoma, polo que non podemos permitir o desmantelamento de servizos nestes municipios”, apuntou.

“O centro de saúde de Melide leva seis anos comprometido pero non se fai coa compracencia da alcaldesa do PP, os socialistas apostamos polo rural, a xente ten que vivir do rural e para iso hai que cambiar as políticas desde os concellos, pero o Partido popular non cre no municipalismo”, manifestou Besteiro.

O secretario xeral do PSdeG lembrou que “a agricultura e a gandeiría son estratéxicas para Galicia, hai que implicarse e non mirar para outro lado, o 80% do territorio está sen explotar e a transformación agraria é un obxectivo para os socialistas, pero a realidade que temos é un prezo do leite escandalosamente baixo e experimentos como o de Alimentos Lácteos”.

“Temos que facer centros de día e residencias para que a xente non marche do rural, á marxe de protexer as rutas do Camiño de Santiago, unha rede económica que non se pode descuidar, temos que mellorar a protección do patrimonio histórico-cultural”, aseverou.

“Os cidadáns teñen que pensar o 24 de maio se están mellor ou peor que hai catro anos, a alternativa do PSdeG son uns concellos fortes”, engadiu Besteiro, que rematou afirmando que “os gobernos estables do PP non os quero, xa vimos o que foi a estabilidade esta lexislatura en Santiago, A Coruña ou Ferrol, una cidade moi deteriorada”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar