Besteiro denuncia que “cun Feijóo de alumno avantaxado de Rajoy”, Galicia “é máis pobre” e os galegos perderon “servizos públicos” e identidade como pobo

Besteiro denuncia que “cun Feijóo de alumno avantaxado de Rajoy”, Galicia “é máis pobre” e os galegos perderon “servizos públicos” e identidade como pobo

Besteiro denuncia que “cun Feijóo de alumno avantaxado de Rajoy”, Galicia “é máis pobre” e os galegos perderon “servizos públicos” e identidade como pobo

webO secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, denunciou hoxe que Galicia “é moito máis pobre e ten menos futuro que hai seis anos”, como consecuencia das políticas de austeridade da Xunta de Alberto Núñez Feijóo, “un alumno avantaxado de Mariano Rajoy que preside o Goberno menos coñecido e peor valorado da historia de Galicia”.

“Os candidatos do PP ás eleccións municipais en Galicia pertencen a esa marca, veñen dun Goberno en permanente estado de crise e considero imposible que gañen en cidades como Vigo e Ourense, porque a xente poderá votar outra forma de facer política que defendemos os socialistas”, considera o secretario xeral do PSdeG.

Besteiro manifestou na Conferencia Autonómica do PSOE en Valencia que “a recuperación deste país é posible, pero ten que ser para todos, en igualdade de condicións”. O líder dos socialistas galegos lembrou que coa forma de facer política do Partido Popular, “Galicia perdeu servizos esenciais, progreso” e identidade como pobo: “Somos menos galegos”.

“A austeridade é empobrecedora e dura, con recurtes contra o público que os cidadáns perciben en materiais fundamentais como a sanidade e a educación; os socialistas, como sempre fixemos, estamos na obriga de defender o público, o común, o que nos beneficia a todos”, afirmou.

O secretario xeral do PSdeG puxo como exemplo “o que facemos nas comunidades autónomas e nas deputacións onde gobernamos os socialistas, trasladando á cidadanía que hai outra forma de gobernar con iniciativas como os orzamentos participativos, hai que darlle voz á cidadanía”.

Besteiro considera a reindustrialización outro dos piares básicos onde debe asentarse a política socialista, “deixando atrás o que fai a dereita, coa que temos menos oferta laboral e menos dereitos para os traballadores, chegou a hora do cambio e é o que vai votar a xente”.

Por último, defendeu o sistema de primarias: “Non podemos falar de transparencia e participación se non cambiamos as formas, o diálogo cos militantes a pé de rúa é fundamental e os militantes co seu voto teñen dereitos e deberes, hai que actuar con responsabilidade”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar