Besteiro denuncia que ao PP só lle preocupa "como seguir gobernando en contra da maioría social" mentres "baixa os brazos ante os problemas dos cidadáns"

Besteiro denuncia que ao PP só lle preocupa "como seguir gobernando en contra da maioría social" mentres "baixa os brazos ante os problemas dos cidadáns"

Besteiro denuncia que ao PP só lle preocupa "como seguir gobernando en contra da maioría social" mentres "baixa os brazos ante os problemas dos cidadáns"

O secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou hoxe en Santiago que ao PP “só lle preocupa como seguir gobernando en contra da maioría social”, mentres baixan os brazos e afirman que non teñen nada que dicir ante “os verdadeiros problemas dos cidadáns”.

A preguntas dos medios de comunicación no acto de apertura do curso na USC, Besteiro considerou que a medida para a reposición de profesorado “chega tarde, levamos seis anos de constante redución dos servizos públicos, de constante perda de funcionarios e de mala prestación de servizos, de educación e de sanidade”.

O líder dos socialistas galegos referiuse tamén “ao novo engano do PP en relación con Ferrol, non queren o dique flotante e acabáronselles as excusas, xa que vimos de comprobar que nin sequera fixeron os seus deberes con este tema”. En opinión de Besteiro, “un novo engano que pesa aínda máis sobre unha cidade que está absolutamente machacada polo paro e onde teñen a responsabilidade de gobernar, gobernan en maioría e non son capaces de resolver os problemas dos cidadáns”.

“É esencial esa infraestrutura e é esencial que teñamos gobernantes que merezan que se use con eles ese termo, gobernar, e non que baixen os brazos como fixo hai xa moito tempo o PP co dique flotante; hoxe sabemos que ademais nos enganaron, e por tanto súmanse máis a esa política antipersoas que está facendo contantemente o PP”, manifestou o secretario xeral do PSdeG.

Os socialistas lamentan que a única reacción ante o inicio do curso político e a única noticia que nos ten que dar o PP “é que a súa obsesión é seguir atados á silla, e como están pendentes só diso non se preocupan dos problemas dos cidadáns: chegar a fin de mes, que haxa unha boa educación pública, unha boa sanidade pública e futuro para os seus fillos”. “A Resposta dun Goberno que goberna con maioría absoluta é baixamos os brazos e non temos nada que decir, só nos preocupa como somos capaces de seguir gobernando en contra da maioría social deste país”, engadiu.

Con respecto ao fronte común proposto polo BNG en contra da reforma electoral, Besteiro falou onte con Xavier Vence. “O PSOE xa ten rexeitado esa idea; é certo que hai que esperar a que haxa un documento sobre o que se poida discutir, pero as ideas transmitidas polos dirixentes do PP xa obtiveron o rexeitamento do PSOE con claridade, eu mesmo votei o luns no Concello de Lugo en contra desa idea que transmite o PP”, apuntou.

“É unha posición reiterada polo noso partido e o secretario xeral que nós só facemos coalicións cos cidadáns, pero é certo que a inmensa maioría dos galegos e das formacións políticas salvo o PP están en contra desa idea de reformar nove meses antes das eleccións”, dixo Besteiro, que rematou engadindo que “por tanto, non se trata dunha fronte, trátase de que estamos a favor dos cidadáns, a favor da democracia e por tanto en contra desa idea de alterar as regras do xogo a nove meses das eleccións municipais, coa única finalidade non de arrancar os problemas dos cidadáns, senón de ver como garantimos seguir gobernando”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar