Besteiro denuncia que “a Xunta nin está nin se lle espera” mentres “en Galicia medra o paro e destrúese emprego tras seis anos de austeridade”

besteiroO secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, denunciou hoxe “que a Xunta nin está nin se lle espera” mentres en Galicia “medra o paro e destrúese emprego tras seis anos de políticas de austeridade”.

“O máis relevante de hoxe é o crecemento unha vez máis do paro en Galicia no mes de xaneiro, temos 7.000 desempregados máis e 13.000 galegos e galegas xa non figuran na Seguridade Social, polo que estamos perdendo postos de traballo”, manifestou o líder do PSdeG.

“Alguén debería dar explicacións no Goberno de Feijóo, explicarlle aos galegos como é posible que tras seis anos de recurtes e austeridade a situación empeore, retrocedemos e evolucionamos peor que no resto de España”, afirmou Besteiro.

O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego situouse ao finalizar xaneiro en 259.002 persoas en Galicia, tras subir en 7.084 en relación con decembro. Ademáis, a comunidade autónoma destruiu 13.153 postos de traballo o mes pasado.

“As cousas non van ben en España pero aínda van peor en Galicia, o paro avanza e parece que ao Goberno da Xunta non lle importa, parece que nin está nin se lle espera”, engadiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar