Besteiro denuncia “alevosía e nocturnidade” na orde do BOE que regula o plan de xestión do cerco para 2016 “e mantén criterios que ninguén entende”

Besteiro denuncia “alevosía e nocturnidade” na orde do BOE que regula o plan de xestión do cerco para 2016 “e mantén criterios que ninguén entende”

Besteiro denuncia “alevosía e nocturnidade” na orde do BOE que regula o plan de xestión do cerco para 2016 “e mantén criterios que ninguén entende”

Foto Cerco1O secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, denunciou hoxe en Santiago “alevosía e nocturnidade” na orde do BOE que regula o plan de xestión do cerco para 2016 “e mantén criterios que ninguén entende”.

O líder do PSdeG mantivo unha reunión cos mariñeiros do cerco acampados diante de San Caetano. “Despois de 42 días de loita e enganos por parte do PP, a orde do BOE mantén os criterios históricos para o reparto de cota, unha decisión en contra do sentido común”, afirmou.

Besteiro lembrou que “Galicia ten o 50% da flota de cerco de toda a cornisa cantábrica, traballadores que están desasistidos pola Xunta e o Goberno de Madrid, o reparto de cota debe ten en conta outros factores, como o número de barcos e mariñeiros”.

“Non hai planificación e non temos en Galicia un goberno que defenda os nosos intereses en Madrid, non temos peso no ministerio; os socialistas garantimos que cambiaremos os criterios de reparto cando Pedro Sánchez sexa o novo presidente o próximo 20 de decembro”, engadiu.

En opinión do secretario xeral dos socialistas galegos, “esta situación de inactividade non só afecta aos traballadores da pesca, hoxe vemos nos datos de paro como medra o desemprego en Galicia en máis de 3.000 persoas e o número de afiliados á Seguridade Social descendeu tamén en máis de 2.000 cotizantes”.

Pola súa parte, Andrés García, portavoz da Asociación de Armadores do Cerco de Galicia (Acerga), cualificou de “traizón o novo plan de xestión despois de todo o que levamos loitado”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar