Besteiro denuncia a “parálise e falta de información” coa hepatite C e dille a Feijóo que non é “unha cuestión de lexislación, senón de credibilidade”

Besteiro denuncia a “parálise e falta de información” coa hepatite C e dille a Feijóo que non é “unha cuestión de lexislación, senón de credibilidade”

Besteiro denuncia a “parálise e falta de información” coa hepatite C e dille a Feijóo que non é “unha cuestión de lexislación, senón de credibilidade”

16208540979_a7e951f653_zO secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, denunciou hoxe en Santiago a “parálise” da Xunta á hora de administrar os novos fármacos existentes para tratar aos enfermos de Hepatite C.

“Estamos nunha semana na que se anunciaron novas leis contra a corrupción e para supostamente mellorar o funcionamento da Administración, pero o que ten que facer o presidente da Xunta é atender os problemas reais, hai cousas que non teñen prezo cando está en xogo a saúde das persoas”, afirmou o líder dos socialistas galegos tras manter unha reunión con representantes da Plataforma Galega de Afectados pola hepatite C.

“As familias queren información, veracidade e claridade, non estamos a falar dunha cuestión de lexislación, senón de credibilidade”, manifestou Besteiro, que demandou “datos das persoas en disposición de recibir o tratamento e datas, cando o van recibir realmente a medicación”.

O máximo representante dos socialistas galegos lamentou a “falla de claridade” tanto do Goberno central como da Xunta, “xa que o Ministerio de Sanidade asegura que non é un problema económico, pero a situación non avanza por parte do Goberno de Feijóo e os enfermos e as súas familias están moi desconcertados”.

“Temos que evitar que este tema vaia a máis e non podemos valorar a solución a este problema en termos económicos; hai plantexamentos das administracións públicas que deben estar moi definidos e a sanidade pública sempre será unha prioridade para os socialistas”, engadiu Besteiro.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar