Besteiro denuncia “a diverxencia da Galicia interior co resto de españa, Feijóo non fixo nada para mellorar a situación de Lugo e Ourense”

Besteiro denuncia “a diverxencia da Galicia interior co resto de españa, Feijóo non fixo nada para mellorar a situación de Lugo e Ourense”

Besteiro denuncia “a diverxencia da Galicia interior co resto de españa, Feijóo non fixo nada para mellorar a situación de Lugo e Ourense”

besteiroO secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, denunciou hoxe “a diverxencia da Galicia interior co resto de España, aínda maior que a do conxunto da comunidade, Feijóo non fixo nada para mellorar a situación de Lugo e Ourense”.

O líder dos socialistas galegos mantivo en Lugo unha reunión de traballo coa alcaldesa Lara Méndez. “O presidente da Xunta chega ao Debate do Estado da Autonomía sen os deberes feitos, cun goberno e unha Galicia en crise”, manifestou Besteiro.

“A política municipal é un exemplo do traballo que fan os socialistas, coa prioridade das políticas sociais e de emprego, o que demostra que hai outra forma de gobernar”, afirmou o secretario xeral do PSdeG, que lembrou que “Lara Méndez xa está na comisión territorial da FEMP, onde poderá trasladar o traballo que o partido fai en Lugo desde hai anos”.

“Mentres, Feijóo acaba de facer uns cambios no seu goberno que non sabemos se serán nominais ou de calado, o que si queda claro é que son unha emenda á totalidade ao traballo desenvolvido pola Xunta, dubido que os cidadáns pensen que nun ano poderán facer o que non fixeron en sete”, engadiu.

Pola súa parte, a alcaldesa de Lugo demandou ao novo conselleiro de Sanidade que “unha das súas primeiras medidas sexa poñer en marcha un servizo de hemodinámica 24 horas no HULA, toda a provincia esixe melloras no centro e a Xunta ata o de agora non escoitou”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar