Besteiro denuncia a “ausencia e a falla de interese” da Xunta para mediar no conflicto de Lantero, “a folga máis longa de Galicia”

Besteiro denuncia a “ausencia e a falla de interese” da Xunta para mediar no conflicto de Lantero, “a folga máis longa de Galicia”

Besteiro denuncia a “ausencia e a falla de interese” da Xunta para mediar no conflicto de Lantero, “a folga máis longa de Galicia”

LanteroO secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, denunciou esta tarde en Vilagarcía a “ausencia e a falla de interese” por parte da Xunta para mediar no conflito de Lantero, “cunha folga que dura xa máis de tres meses, a máis longa de Galicia”.
Besteiro mantivo un encontro cos representantes do comité de empresa de Lantero, no que tamén estivo o candidato socialista á alcaldía de Vilagarcía, Alberto Varela. “Temos un Goberno galego que presume de viaxes ao exterior para captar inversións e actividade económica, pero está ausente neste conflito cun ERE que afecta a 56 traballadores”, afirmou o líder do PSdeG.
“Tiven un intercambio de información cos traballadores moi interesante, os últimos datos económicos de Lantero reflicten que non está na ruína precisamente, pero a empresa utiliza a reforma laboral aprobada polo PP para aprobar unha redución de emprego pola porta de atrás”, manifestou o secretario xeral dos socialistas galegos.
Besteiro lamentou “a nula capacidade de mediación da Xunta de Feijóo, que nin está presente nin se lle espera como pasa ultimamente en moitos problemas que ten Galicia, despois de tres meses de folga a situación é dramática e o goberno galego non asume ningún tipo de actuación nin de responsabilidade”.
O máximo representante do PSdeG demandou “que se fagan públicas todas as subvencións que recibiu a empresa, o Executivo de Feijóo leva seis anos e sigue botándolle a culpa de moitas cousas aos socialistas, pero non todo vale, queremos que se faga pública toda a información”.
Tras o encontro co comité de empresa, o secretario xeral dos socialistas galegos visitou o campamento dos traballadores no Pousadoiro. Posteriormente, participará ás oito e media nunha asamblea aberta aos cidadáns co candidato á alcaldía de Vilagarcía, Alberto Varela (na sede do PSdeG en Vilagarcía).

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar