Besteiro demanda á Xunta de Galicia a “incorporación das cláusulas sociais nos contratos públicos” para garantir as condicións laborais dos traballadores

Besteiro demanda á Xunta de Galicia a “incorporación das cláusulas sociais nos contratos públicos” para garantir as condicións laborais dos traballadores

Besteiro demanda á Xunta de Galicia a “incorporación das cláusulas sociais nos contratos públicos” para garantir as condicións laborais dos traballadores

Os socialistas presentan no Parlamento unha proposición non de Lei para o seu debate en pleno no que esixen “control e tutela” sobre as empresas concesionarias

“As adxudicatarias deben tamén ter en conta aos colectivos con más dificultades para entrar no mercado de traballo”, asegura o secretario xeral do PSdeG

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, demandou hoxe á Xunta “a inclusión das cláusulas sociais nos contratos públicos da Administración autonómica”, co obxectivo de garantir as condicións laborais dos traballadores e de sancionar ás empresas que non cumpran o plan de emprego fixado na adxudicación.

O Grupo Parlamentario Socialista rexistrou hoxe na Cámara para o seu debate en pleno unha proposición non del Lei na que insta ao Goberno galego “a controlar e tutelar” ás empresas concesionarias durante toda a duración do contrato. Besteiro presentou a iniciativa, posta xa en marcha na Deputación de Lugo, nunha rolda de prensa xunto ao portavoz do PSdeG, José Luis Méndez Romeu, e o deputado Juan Cargos González Santín.

“Hai unha directiva do mes pasado da Unión Europea que reflicte a necesidade de incluír as cláusulas sociais nas contratacións públicas e os socialistas queremos levar a cabo esta iniciativa en todas as administracións nas que gobernamos”, explicou o líder dos socialistas galegos, que espera o apoio do Partido Popular.

“O PSdeG considera necesario que nos pregos dos concursos quede fixado un porcentaxe do 15% para ponderar e valorar o plan de emprego e as condicións laborais para os traballadores que presenten nas súas ofertas as empresas que opten á adxudicación”, manifestou Besteiro.

En opinión do secretario xeral dos socialistas, “as contratacións teñen que ter en conta que empresas ofrecen condicións mellores que nas fixadas no Estatuto dos traballadores ou nos convenios colectivos vixentes, ademais de facilitar a entrada no mercado laboral dos colectivos que teñen máis dificultades para facelo, loitando desta forma contra a exclusión social”.

A Deputación de Lugo, pioneira na inclusión das cláusulas sociais nos contratos públicos, porá en marcha o próximo mes pregos por valor de dez millóns de euros para diferentes adxudicacións, “e teremos en conta, como queremos que faga a Xunta, o número de traballadores con contrato indefinido e as condicións salariais dos empregados das concesionarias”.

Besteiro aposta por “sancionar economicamente ou incluso rescindir o contrato con aquelas empresas que non cumpran as condicións laborais para os traballadores coas que optaron ao concurso”, engadiu Besteiro.

Na proposición non de Lei rexistrada hoxe, os socialistas reflicten que “o marco laboral que creou a reforma laboral do PP outorgou máis poder ás empresas para poder modificar as condicións de traballo de xeito unilateral, levándose a cabo rebaixas salariais, aumento de traslados e, en xeral, perda nas condicións laborais; nos procesos de licitacións públicas, a modificación nas condicións laborais só se pode explicar para aumentar os beneficios da empresa ou para para enxugar as perdas por ofrecer ofertas á baixa”.

“É por iso que dende as administracións públicas se deben incluír cláusulas sociais que garantan a calidade do emprego das empresas adxudicatarias, así o inspira a Directiva 2014//24/UE do Parlamento Europeo e do Consello sobre Contratación Pública, e así o vén impulsando singularmente en Galicia a Deputación de Lugo”, recolle o texto.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar