Besteiro demanda a Feijóo “que actúe dunha vez” sobre o prezo dos carburantes en Galicia, tal e como garantizou hai xa nove meses

Besteiro demanda a Feijóo “que actúe dunha vez” sobre o prezo dos carburantes en Galicia, tal e como garantizou hai xa nove meses

Besteiro demanda a Feijóo “que actúe dunha vez” sobre o prezo dos carburantes en Galicia, tal e como garantizou hai xa nove meses

16092309089_fd65321b6a_zO secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, demandoulle hoxe ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que “poña en marcha dunha vez as medidas urxentes que prometeu hai nove meses” para baixar o prezo dos carburantes en Galicia.
O líder dos socialistas galegos, xunto ao deputado Raúl Fernández, mantivo unha reunión co presidente de Federación Galega de Transporte de Mercadorías (Fegatramer), Ramón Alonso Fernández, e co secretario xeral da organización, José Carlos García Cumplido. “O 80% das mercadorías circulan por estrada en Galicia, falamos dun sector estratéxico que supón o 4% do PIB”, lembrou Besteiro.
“Non hai unha explicación razoable para que os carburantes en Galicia sexan máis caros que no resto de España”, afirmou o líder do PSdeG, “pero o presidente da Xunta volve a demostrar, a pesares das súas promesas, que non sabemos se está ou non está, non se nota”. O presidente de Fegatramer apuntou que nos últimos anos pecharon 2.000 das 8.000 empresas do sector.
Na reunión falouse tamén do céntimo sanitario, eliminado ou rebaixado noutras comunidades autónomas pero non en Galicia. “Son problemas que provocan redución de emprego e peche de empresas, pero a Xunta non ten unha resposta estratéxica, hai grandes mensaxes mediáticos pero poucos resultados”, manifestou Besteiro.
A preguntas dos medios de comunicación, o secretario xeral do PSdeG referiuse tamén ao colapso da sanidade galega e esixiu “responsabilidades de goberno, porque xa non é un problema só das urxencias, xa o temos tamén en atención primaria”. “Os servizos públicos galegos non funcionan e non hai capacidade de resposta, a situación da sanidade é moi preocupante”, apuntou.
Por último, Besteiro referiuse ás novas medidas para loitar contra o desemprego xuvenil anunciadas por Feijóo. “A realidade é que temos 120.000 persoas desempregadas que xa non reciben ningunha prestación e en Galicia xa hai máis familias que viven dunha pensión que do cobro dun salario, as continuas promesas e anuncios do presidente da Xunta non funcionan e o horizonte é dramático para todos”, rematou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar