Besteiro defende un proxecto “máis ambicioso” para Galicia fronte ao discurso da resignación de Feijóo

Besteiro defende un proxecto “máis ambicioso” para Galicia fronte ao discurso da resignación de Feijóo

Besteiro defende un proxecto “máis ambicioso” para Galicia fronte ao discurso da resignación de Feijóo

Na xuntanza co voceiro nacional do BNG, Xavier Vence, o secretario xeral do PSdeG salientou o desemprego como “un problema de país” e a maior preocupación dos socialistas.

Besteiro propuxo aplicar fórmulas para que Galicia medre e xere emprego, desde a confianza nas potencialidades do país e impedir que o discurso catastrofista do PP se instale na sociedade

O encontro co voceiro do BNG, “moi positivo e cordial”, enmárcase no cumprimento do seu compromiso de “abrir un amplo campo de diálogo con todas as forzas políticas e sectores sociais

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, mantivo este mediodía un primeiro encontro co voceiro nacional do BNG, Xavier Vence, no marco do seu compromiso de “abrir un amplo campo de diálogo con todas as forzas políticas e sectores sociais” logo de asumir o liderado dos socialistas galegos.

Valorou o encontro como “moi positivo e cordial”, como corresponde a dous partidos que teñen “diferenzas en algunhas materias, como é coñecido”, que en ningún momento impediron compartir “moitas reflexións, que xa se significaron no Debate do Estado da Autonomía”, apuntou o líder socialista.

A principal preocupación do Partido Socialista, é a loita contra o desemprego. Besterio advertiu da perda de poboación activa e a súa relación directa co acrecentamento do problema demográfico, o que o fai “un problema de país”.

Outro asunto que centrou a conversa entre os dirixentes das formacións socialista e nacionalista foi a política de recortes dos gobernos do PP, “sobre todo no relativo aos que afectan ás persoas, en materia sanitaria ou sobre o futuro das pensións, que tanto afecta a Galicia, onde temos moitas pensións mínimas”, apuntou Gómez Besteiro, que defendeu a “soberanía da economía das familias, que esta a verse seriamente comprometida”.

Houbo tamén coincidencia na denuncia da posición “completamente autista” do Partido Popular ante os problemas reais dos cidadáns. Besteiro salientou que neste momento o Partido Socialista ten unha posición moi clara en políticas sociais, no que se refire a Educación, a Sanidade, Servizos Públicos e todo o concernente ao Estado de Benestar, e “somos tamén ambiciosos en materia económica”.

O Secretario Xeral do PSdeG afirmou que “Galicia ten que medrar, en todos os campos, e, por tanto, combatemos o discurso da resignación que traslada hoxe o Goberno galego”, e que contribúe a que esa resignación se instale nas galegas e nos galegos.

O socialista reiterou que o resultado da reunión foi “moi positivo” sobre todo porque as diferenzas, non impiden falar sobre os problemas das galegas e dos galegos, como aplicar fórmulas para que o país medre e xere emprego”, desde a confianza nas potencialidades do país.

O clima de cordialidade presidiu a xuntanza entre os máximos dirixentes de ambas formacións, que manteñen proxectos e posturas diferentes, como o “discurso soberanista” do BNG, que o PSdeG non comparte, pero “tampouco isto é noticia ou unha novidade”, afirmou Gómez Besteiro.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar