Besteiro defende “o poder de decisión das mulleres” e esixe ao Partido Popular que retire o seu proxecto regresivo de lei do aborto

Besteiro defende “o poder de decisión das mulleres” e esixe ao Partido Popular que retire o seu proxecto regresivo de lei do aborto

Besteiro defende “o poder de decisión das mulleres” e esixe ao Partido Popular que retire o seu proxecto regresivo de lei do aborto

“O Goberno ten que asumir algo tan evidente como que non se pode obrigar a unha muller a ser madre se non quere”, afirma o líder dos socialistas

O PSdeG preguntará a Núñez Feijóo sobre o aborto no pleno do Parlamento da próxima semana e apoia mocións en contra do proxecto de Lei en todos os concellos galegos

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, defendeu hoxe en Teo “o poder de decisión das mulleres” e mostrou a súa frontal oposición ao “regresivo” proxecto de Lei do aborto impulsado polo Partido Popular.

O líder dos socialistas manifestou que non se pode permitir que ás mulleres españolas “se lles quite o dereito que a Lei en vigor, do ano 2010, lle recoñece a decidir libremente sobre a súa maternidade”. Besteiro mantivo unha reunión de traballo sobre a reforma da Lei do aborto con Rosa Gómez Limia, presidenta da asociación Teenses pola Igualdade.

“A dereita ten unha capacidade innata para crispar cando goberna e unha capacidade innata para levar ó país a unha situación límite que activa a conta atrás da tolerancia social”, dixo o secretario xeral do PSdeG, “pero non é momento de resistir, é o momento de rexeitar e contraatacar”.

Besteiro apuntou que “non se pode obrigar a unha muller a ser madre se non quere” e lembrou o “aplastante rexeitamento da sociedade española e do propio Parlamento Europeo ao proxecto de Lei”. “Os últimos datos dispoñibles sinalan que o número de abortos en 2012 baixou un 5% respecto a 2011, os cidadáns non demandaban unha reforma”, manifestou.

Os socialistas de Galicia preguntarán de novo a próxima semana no pleno do Parlamento ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cal é a súa postura sobre o aborto. Ademais, a Deputación de Lugo foi a primeira institución en Galicia que se sumou á Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto e, no eido local, o PSdeG apoia mocións contra o proxecto de lei nos concellos galegos.

“Nos concellos de Barreiros e de A Estrada, o PPdeG votou en contra de reformar o dereito de abortar, o mesmo que fixo onte unha edil do Partido Popular no Concello de Pontevedra, mentres Núñez Feijóo non se aclara; os socialistas demandamos ao presidente da Xunta un posicionamento claro para que a sociedade poida saber se defende os dereitos das mulleres ou non”, apuntou o líder dos socialistas.

A asociación Teenses pola Igualdade é unha organización sen ánimo de lucro que nace no ano 2003 co obxectivo de erixirse nunha plataforma permanente de defensa da igualdade de xénero. Reivindica o protagonismo social das mulleres fomentando a adopción dun papel activo nos diversos ámbitos da vida social, política, cultural e económica.

“O Goberno de Mariano Rajoy non ten outra opción que retirar definitivamente o seu proxecto de reforma; o contrario sería dicirlle a todos que é un Executivo cego e xordo ás razóns e opinións da maioría social”, afirmou Besteiro, que mostrou o seu apoio e o do conxunto do PSdeG ao traballo de asociacións como a presidida por Rosa Gómez Limia.

“A Lei do 2010 recolle todas as recomendacións da ONU e ten moitas similitudes coas lexislacións sobre o aborto vixentes na inmensa maioría dos países da UE”, engadiu Besteiro, que rematou manifestando que unha reforma deste tipo “non é o camiño para fomentar a maternidade, como tampouco o son as políticas de recortes do PP en educación, sanidade e servizos sociais”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar