Besteiro defende no Congreso os intereses do cerco galego e esixe á Xunta e ao Goberno “un novo reparto de cotas máis xusto e que garanta o emprego na frota”

Besteiro defende no Congreso os intereses do cerco galego e esixe á Xunta e ao Goberno “un novo reparto de cotas máis xusto e que garanta o emprego na frota”

Besteiro defende no Congreso os intereses do cerco galego e esixe á Xunta e ao Goberno “un novo reparto de cotas máis xusto e que garanta o emprego na frota”

O secretario xeral dos socialistas pide en Madrid un acordo entre as administracións galega e central, “xa que aínda estamos a tempo de conseguilo se hai vontade política”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, defendeu hoxe no Congreso dos Deputados os intereses da frota galega do cerco e reclamou “un novo reparto de cotas máis xusto, equilibrado e consensuado co sector, xa que aínda estamos a tempo de conseguilo se hai vontade política”.

“Onte estiven en Santiago cos representantes dos traballadores e hoxe estou aquí, no Congreso, con eles e cos portavoces de Pesca socialistas no Congreso e o Senado para garantir unha posición forte e unida dos socialistas, que demandamos un cambio de criterio no reparto das cotas”, afirma o líder dos socialistas.

Para Besteiro, “o actual reparto beneficia aos que máis teñen e prexudica aos que menos teñen, é algo que os socialistas non podemos consentir, e eu, como secretario xeral do PSdeG, pídolle ao presidente Núñez Feijóo que negocie co Goberno por un acordo máis xusto para Galicia, que faga como o Executivo de Asturias e defenda aos traballadores”.

“A distribución das cotas do xurelo e a cabala ten que estar inspirado en criterios lineais de igualdade, non poden pesar máis os criterios históricos ou os que benefician máis a unhas frotas que a outras, a postura dos socialistas é única en toda España, como queda hoxe demostrado”, manifestou.

Por este motivo, o secretario xeral do PSdeG demanda “un acordo entre as Administracións galega e central que remate coas inxustizas, os socialistas queremos que o emprego dos pescadores galegos non estea en risco e faremos todo o posible, tamén en Bruxelas, para esixir unha nova negociación para o conxunto do sector”.

A portavoz de Pesca do grupo socialista no Congreso, Consuelo Rumí, respaldou as demandas de Besteiro e lamentou que “o ministro Arias Cañete estea máis preocupado polo seu futuro persoal que por defender os intereses da pesca galega e do conxunto de España”.

Por parte dos representantes dos traballadores, Juan Manuel Vázquez García, de Portosín, agradeceu ante os medios de comunicación as xestións do PSdeG no Congreso e lembrou que os traballadores “só loitan por darlle de comer ás súas familias, por iso queremos un reparto de cotas xusto, come igual un pescador galego que o de outro sitio”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar