Besteiro defende a “eficiencia” dos partidos xudiciais de Galicia e pídelle ao PPdeG que o martes vote a favor da súa continuidade no pleno do Parlamento

Besteiro defende a “eficiencia” dos partidos xudiciais de Galicia e pídelle ao PPdeG que o martes vote a favor da súa continuidade no pleno do Parlamento

Besteiro defende a “eficiencia” dos partidos xudiciais de Galicia e pídelle ao PPdeG que o martes vote a favor da súa continuidade no pleno do Parlamento

Os socialistas solicitan ademais á Xunta que inste á derrogación da Lei de taxas xudiciais e a manter os rexistros civís na administración de xustiza

O secretario xeral do PSdeG asiste en A Estrada á cea anual da agrupación local

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, defendeu hoxe a “eficiencia e a necesidade” dos partidos xudiciais de Galicia, á marxe de demandarlle ao PP que o martes vote a favor da súa continuidade no pleno do Parlamento.

Besteiro asistiu á cea anual da agrupación local socialista de A Estrada, un dos municipios galegos que pode perder o seu partido xudicial, que presta servizo a toda a comarca de Tabeirós-Montes, co anteproxecto da Lei orgánica do Poder Xudicial que suprime todos os que non están nas capitais da provincia.

“Non podemos afastar e encarecer os servizos públicos como a xustiza ou a sanidade, os socialistas defendemos que hai outra forma de facer as cousas en política, temos que loitar polos dereitos dos cidadáns”, manifestou o líder do PSdeG.

O Grupo Socialista na Cámara galega reclamoulle á Xunta que lle solicite ao Goberno central a retirada do anteproxecto da Lei. Os socialistas levarán unha moción ao Pleno que comeza o martes para esixir o mantemento dos 45 partidos xudiciais de Galicia.

Os socialistas reclaman que o Goberno galego “defenda unha xustiza de calidade que garanta o efectivo acceso ao dereito fundamental dunha tutela xudicial efectiva” e o acusan de defender a reforma de Rajoy e o ministro Gallardón, que “ataca á xustiza como institución e como servizo público”. O PSdeG critica que Feijóo asista como “cómplice silente” a un proceso dirixido a “afastar á cidadanía da Xustiza”.

A moción socialista inclúe especificamente que a Xunta “esixa o mantemento de todos e cada un dos partidos xudiciais existentes na actualidade en Galicia” e insta a superar as “esperpénticas contradicións” do PP neste debate.

Besteiro lembra que mentres os deputados galegos do PP van votar en Madrid a favor dunha reforma para eliminar 41 dos 45 partidos xudiciais de Galicia, Feijóo asegura conformarse con 38, deixándoos nas grandes cidades, e o PP está votando nas deputacións e concellos a favor de manter os partidos xudiciais tal e como están.

Taxazo xudicial

Advertiu ademais que logo das descualificacións por parte do Goberno galego, a realidade é que Galicia é unha das comunidades autónomas con maior incidencia do taxazo xudicial e ademais vai perder a inmensa maioría dos partidos xudiciais coa decisión do goberno de agrupalos nas capitais de provincia.

Neste sentido, insta á derrogación da Lei de taxas xudiciais, así como ao mantemento dos rexistros civís no eido da Administración de xustiza, nos xulgados existentes, freando a súa privatización iniciada polo PP, e a “defender a xustiza de proximidade e de Paz”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar