Besteiro defende a democracia interna dos socialistas “coas primarias e a aplicación rigorosa do código ético”, frente a un Partido Popular que vai cambiando de principios

Besteiro defende a democracia interna dos socialistas “coas primarias e a aplicación rigorosa do código ético”, frente a un Partido Popular que vai cambiando de principios

Besteiro defende a democracia interna dos socialistas “coas primarias e a aplicación rigorosa do código ético”, frente a un Partido Popular que vai cambiando de principios

“A Xunta de Feijóo leva a Galicia a un empobrecemento continuo e non ten solucións para a triple crise do desemprego, o declive demográfico e a débeda”, afirma o líder dos socialistas

“Cómpre que sigamos avanzando na construción dun PSdeG cada vez máis democrático, activo, unido e consciente do papel que os socialistas debemos xogar nestes momentos de cambio”, sostén

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, defendeu hoxe en Ames a democracia interna dos socialistas galegos, “cun sistema de primarias no que deciden os militantes e coa aplicación rigorosa dos códigos éticos, frente a un Partido Popular que vai cambiando de principios”.
Besteiro participou esta tarde nunha charla-coloquio na Casa da Cultura de Ames, onde fixo referencia ao descrédito dos cidadáns na política que recolle o CIS. “Os partidos temos a única responsabilidade de figurar nesa lista e o PSdeG decidiu dar un paso adiante deixando falar á militancia, mentres O PP move o listón da ética segundo lle convén e cambia as regras de xogo cunha Lei Electoral que por vez primeira non conta co consenso das forzas políticas”.

O líder dos socialistas galegos lamentou tamén que a dereita utilice cortinas de fume como a redución dos deputados no Parlamento para non falar dos problemas reais de Galicia, “que son o desemprego, a débeda e a enorme caída demográfica”.

“Feijóo non é quen de frear o paro e ademais coas decisións da Xunta estase a destruír emprego, como demostra a afiliación á Seguridade Social; temos o índice de envellecemento máis alto de España, unha das taxas de fertilidade máis baixas e a débeda actual da Xunta xa supera todo o orzamento do 2014, pasando de 4.800 millóns euros a 9.900 millóns de euros en cinco anos”, resumiu Gómez Besteiro.

Na súa intervención, o secretario xeral do PSdeG apuntou que “os socialistas apostamos pola igualdade e a creación de oportunidades como un valor económico de primeira orde, a través da formación, de asumir verdadeiras políticas de choque contra o desemprego e de apostar polo investimento social e a educación como a base de desenvolvemento do noso sistema económico”.

Europa
Besteiro deixou claro que as eleccións europeas do 25 de maio son moi importantes para o PSdeG: “Os socialistas europeos aprobamos nun manifesto o 1 de marzo que a nosa prioridade cara estes comicios van ser a creación de emprego, o fin da austeridade e a procura de maior marxe para o investimento e as políticas de crecemento”.

“Europa non só é necesaria para defender os intereses de Galicia en aspectos tan singulares para ela como a PAC, a Política Pesqueira, ou a demografía, que tamén”, engadiu, “temos que defender aspectos como a protección da muller, o desemprego xuvenil e os dereitos humanos; un gran cambio social está en xogo e o resultado dese cambio pasa por Europa”.

“Cómpre que sigamos avanzando na construción dun PSdeG cada vez máis democrático, activo, unido, consciente e responsable do papel que os socialistas debemos xogar nestes momentos de cambio”, rematou Gómez Besteiro.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar