Besteiro defende a aposta dos socialistas “para loitar contra o paro e xerar emprego desde as políticas públicas e as iniciativas locais”

Besteiro defende a aposta dos socialistas “para loitar contra o paro e xerar emprego desde as políticas públicas e as iniciativas locais”

Besteiro defende a aposta dos socialistas “para loitar contra o paro e xerar emprego desde as políticas públicas e as iniciativas locais”

16526761260_bc80b596d6_zO secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, defendeu hoxe en Salceda de Caselas a aposta dos socialistas “para loitar contra o paro e xerar emprego desde as políticas públicas e as iniciativas locais”.

“Temos por diante o gran reto de xerar emprego de calidade desde as iniciativas locais, como sempre fixemos os socialistas onde gobernamos, todas as administracións teñen que loitar contra o paro”, afirmou o líder dos socialistas galegos nunha visita ao Centro de Desenvolvemento local (CDL) O Torrón, xunto a candidata á alcaldía de Salceda de Caselas, Verónica Tourón.

“Onde os socialistas gobernan, hai iniciativas como os centros de desenvolvemento local, o emprego de calidade é obsesión e marca de partido, non podemos permitir que aumenten os traballadores pobres, asalariados que no chegan a fin de mes; sen consumo, non hai demanda nin crecemento”, manifestou Besteiro.

O secretario xeral do PSdeG afirmou que “a loita contra a lacra do desemprego ten que chegar desde as políticas públicas, moitas persoas queren traballar e non poden, é unha situación complexa e indigna”. “A recuperación non chega e en Galicia estamos peor que no resto de España”, engadiu.

A preguntas dos medios de comunicación, Besteiro lamentou que “a sanidade sexa desde hai uns anos un gran problema en Galicia, con colapsos e unha perda da equidade terapéutica; a conselleira de Sanidade está fracasando e a responsabilidade é da persoa que encabeza o Goberno da Xunta”.

“Temos deficiencias na atención primaria, Salceda de Caselas é o concello galego coa taxa de natalidade máis alta e hai problemas nos servizos de pediatría e no centro de saúde, unha situación frecuente en moitos municipios”, apuntou. Os socialistas presentaron no Parlamento varias iniciativas para demandar a construción dun novo centro de saúde no municipio.

Pola súa parte, ¬Verónica Tourón lembrou que “este Centro de Desenvolvemento Local era no ano 2007, cando os socialistas chegamos á alcaldía, un espazo abandonado, pero hoxe é referencia na comarca para o desenvolvemento de políticas de formación a pesares de non contar apoio da Xunta”. “A situación cambiará por completo cando teñamos de novo un presidente de todos os galegos socialista”, rematou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar